A casa vella

Nuria Sotelo e Cris Sánchez

GALICIA | 30 MINUTOS

9 febreiro |18.00 horas

CAFETERÍA. MUSEO CENTRO GAIÁS

Nuria Sotelo, Rubén Vilanova, Cris Vilariño e Caterina Varela comparten o proceso de creación dun espazo de creación e acción social. A casa vella está en Amiadoso, Allariz. Mentres se imaxina, acontece. Corpos e creación no centro. Formación, reflexión, diálogo, territorio, encontro, colectivo, redes, relacións, ecosistemas, afectos, son conceptos fundamentais na súa acción.

Falarán de referentes, do que foi, do que é e do que será este espazo que acolle e xera.

Poñentes: Nuria Sotelo, Rubén Vilanova, Cris Vilariño e Caterina Varela.

ENTRADA LIBRE E DE BALDE