Chroma (35′)

Alessandro Sciarroni

ITALIA | 22.15 MINUTOS

15 febreiro | 22.15 horas

SALA 1. MUSEO CENTRO GAIÁS

Durante a experiencia do proxecto Migrant Bodies, entre 2014 e 2015, Sciarroni desenvolve unha idea para unha nova práctica performativa que é profundamente xerminal. A partir da observación dos fluxos migratorios dalgúns animais, que ao final da súa vida volven reproducirse e morren no seu territorio natal, o artista comezou a traballar no concepto de “xiro”.

O termo preséntase no escenario nun sentido literal, a través da acción do corpo virando ao redor do seu eixo: a acción desenvólvese nunha viaxe emocional psicofísica, unha danza de duración, da mesma maneira en que “virar” tamén significa evolucionar, cambiar.

Na versión TURNING_ migrant bodies, Sciarroni volve ao escenario para realizar a acción en persoa, despois de adestrar durante varios meses na práctica que lle permite ao corpo virar indefinidamente sen perder o equilibrio. Do mesmo xeito que noutros traballos, a duración da acción e o aumento gradual da velocidade poden crear unha especie de vínculo hipnótico entre o intérprete e o espectador.

Alessandro Sciarroni é un dos coreógrafos de referencia dos últimos anos. As súas pezas, traballando sempre a partir de materiais tradicionais, ou dun xesto único (a risa, os malabares, o xiro, a danza tradicional tirolesa) , conseguen un efecto hipnótico que multiplica os significados do que pode ser a danza hoxe.

Ficha artística

Creador e director: Alessandro Sciarroni
Interpretación: Alessandro Sciarroni
Deseño de luces; Rocco Giansante
Dramaturxia: Alessandro Sciarroni, Su-Feh Lee
Música orixinal: Paolo Persia
Estilista: Ettore Lombardi
Promoción: Lisa Gilardino
Supervisión administrativa: Chiara Fava
Supervisión técnica: Valeria Foti, Cosimo Maggini
Procura-investigación: Damien Modolo
Produción: corpoceleste_C.C.00 e Marche Teatro Coprodución: Le CENTQUATRE(Paris), CCN2 – Centre chorégraphique national de Grenoble, Les Halles de Schaerbe

entrada ÚnicA para os tres : loie fuller. research | tutuguri | chroma

ENTRADAS