Ifeel4

Marco Berrettini

Suíza | 75 MINUTOS

10 febreiro | 12.30 horas

SALA 1. MUSEO CENTRO GAIÁS

Marco Berrettini revive as súas raíces como campión alemán de baile disco en 1978, nunha actuación que cuestiona a capacidade humana de autosuficiencia nun tempo onde todo o que é santo deixou de existir.

Podemos contemplar unha mellora nas nosas vidas espirituais sen a existencia dun Deus? Poden as nosas vidas ser profundas, sen reencarnación, karma, mono ou politeísmo? Ou a nosa contorna determina as nosas accións e pensamentos? En Ifeel4, o bailarín e coreógrafo Marco Berrettini introduce unha mutación entre a danza e o corpo. Controlado por —ou completamente independente— do pianista e compositor Samuel Pajands, ofrece unha versión moderna dos coros nas traxedias gregas, onde baila sen parar.

Berrettini é outra das figuras de referencia da danza contemporánea, que por primeira vez presenta o seu traballo en Galicia. E faino acompañado do coro infantil do Estudio Escola de Música de Santiago de Compostela. Desta forma, o festival continúa a súa aposta por traballos transdisciplinares que achegan os máis novos ao mundo da escena contemporánea internacional. Toda unha vida sobre o escenario para que a música non se pare.

Ficha artística

Coreografía e danza: Marco Berrettini
Música: Summer Music, Marco Berrettini e Samuel Pajand
Piano e voz: Samuel Pajand
Escenografía e luces: Victor Roy
Vestiario e accesorios: Séverine Besson
Director técnico: Pierre Montessuit
Representante e xira: Tutu Production Produción MELK PROD. (CH) / Tanzplantation (F) Coprodución Association pour la Danse Contemporaine Geneva – ADC (Suíza), BIT Teatergarasjen (Norway) / House on fire – Culture European program, Centre National de la Danse, Pantin (Francia).
Colaboración/Axuda: Concello de Xinebra, Pro Helvetia, Loterie Romande, DRAC Ile-de-France, CORODIS, Fonds SSA

Residencia artística: ADC (Xenebra – Suíza), TLH (Sierre – Suíza), Montevidéo (Marsella – Francia), Mottatom (Xenebra– Suíza), Centre National de la Danse – residencies (Pantin – Francia), l’Abri (Xenebra– Suíza).

Estrea en España

ENTRADAS