Do 7 ao 10 de febreiro

Obradoiro con Isidoro Valcárcel Medina

Inscrición: actividades@cidadedacultura.org | 40€

De 15.30 a 17.30, o día da presentación | De 15.30 a 18.30, o resto dos días

SALA SEMINARIO. MUSEO CENTRO GAIÁS

Isidoro Valcárcel (Premio Velázquez de Artes Plásticas e Premio Nacional de Artes Plásticas) ofrece un taller no que nos adianta a súa intencionalidade de tratar as cousas vulgares con espírito e conciencia extraordinarios (“no verdadeiro e modesto sentido da palabra”). Avanza que, en claro contraste co Gatopardo, os e as participantes no taller cubrirán espazos que outros cubriron, pero como se tal cousa non ocorrese porque a obrigación e a responsabilidade é a de actuar con xestos novos para reafirmar, na súa esencia, o coñecido; quere dicirse: para que cambie do mesmo xeito que a circunstancia xeral.

Inscricións

As prazas cubriranse pola orde en que se vaian recibindo os correos electrónicos no enderezo actividades@cidadedacultura.org

Prazas

Máximo 12 persoas.

Data límite de presentación de solicitudes

Ata completar capacidade