Loie Fuller: Research

Ola Macijewska

POLONIA | 40 MINUTOS

15 febreiro | 21.10 horas

ANDAR -1. MUSEO CENTRO GAIÁS

En Loie Fuller: Research, a coreógrafa Ola Maciejewska aprópiase criticamente do ‘vestido danzante’ inventado por Loie Fuller ( Illinois, 1862-París, 1928), unha das artistas da danza máis innovadoras e recoñecidas do modernismo. Loie Fuller: Research xoga a organizar formas e estados en constante transformación. Consiste nunha sucesión de exercicios que se despregan ante o público, poñendo en relación o escultórico (o vestido) coa persoa que o esculpe. Non busca reforzar a relación física coas cousas, senón máis ben facilitar formas que fagan esa relación visible. Trátase dunha práctica corporal para estimular o movemento da materia que recibe a forma, un movemento que emerxe como resultado da relación entre o corpo humano e o obxecto: o “vestido danzante”.

Nada en Polonia e residente en París, Ola Maciejewska é coreógrafa. En 2012 obtén o máster en Teatro Contemporáneo e Danza da Universidade de Utrecht. Loie Fuller: Research (2011), foi presentada en Francia –como na Bienal de Lyon no outono de 2017–, Suíza, Canadá, Polonia, Holanda ou Portugal.

O seu novo traballo, Dance Concert estreouse recentemente no Teatro Nacional Taichung de Taiwan e mostrarase no Centro Pompidou de París no marco do Festival de Outono.

Ficha técnica

Concepción: Ola Maciejewska
Colaboración artística : Judith Schoneveld
Por encargo de: TENT Rotterdam (NL)
Co apoio de: Zeebelt Theatre (NL)
Premiere: TENT, Rotterdam (NL), 2011

 

entrada ÚnicA para os tres : loie fuller. research | tutuguri | chroma 

ENTRADAS