Minor matter

Ligia Lewis

ALEMAÑA | 65 MINUTOS

16 febreiro | 20.30 horas

SALA 1. MUSEO CENTRO GAIÁS

Minor matter, da coreógrafa dominicana afincada en Berlín Ligia Lewis, estreouse en HAU Hebbel am Ufer, en Berlín (Alemaña).

Minor matter desenvólvese de maneira multidireccional creando unha poética da disonancia, a partir da cal xorden cuestións de re-presentación, presentación, abstracción e os límites da significación. Ao longo da coreografía, os intérpretes empuxan os seus corpos contra os límites do escenario, á vez que ilustran unha relación humilde entre os seus corpos e o espazo, que os engaiola para achegarse á materia: o negro.

En Minor matter o son viaxa a través de épocas musicais para chegar á poética do presente íntimo. Construído sobre a lóxica da interdependencia, as partes do teatro —luz, son, imaxe e arquitectura— entrelázanse cos tres artistas, dando vida a un vibrante espazo social e poético. Como bailarina, Lewis actuou para artistas como Mette Ingvartsen e Eszter Salamon.

Minor matter é a segunda parte da triloxía de Lewis (Azul, Vermello, Branco), construída para tres intérpretes. Un traballo onde a luz, a música e o espazo levan a estes últimos corpos disidentes ao abismo; o abismo desde o que pensaremos como continuar.

Ficha artística

Concepto e coreografía: Ligia Lewis
Interpretado por: Ligia Lewis, Jonathan Gonzalez e Tiran Willemse
Música: Michal Libera
Deseño de son: Jassem Hindi
Luces: Andreas Harder
Estilismo: Alona Rodeh
Dramaturxia: Ariel Efraim Ashbel
Asistencia: Martha Glenn
Prensa, produción e distribución: Nicole Schuchardt – HAU Hebbel am Ufer
Coprodución: HAU Hebbel am Ufer. Financiado polo Concello de Berlin – Cancellería do Senado – Asuntos Culturais e Fondos Darstellende Künste e.V. Soporte adicional proveniente da residencia artística FD-13, PACT Zollverein e dirección colectivas.

Estrea en España

ENTRADAS