O inevitable

Diego Anido & Borja Fernández

GALICIA | 60 MINUTOS

10 febreiro | 19 horas

SALÓN TEATRO

Rambo comía noces negras dunha nogueira, e mentres se deixaba traspasar polo aroma dos ‘aligustres’, miraba a contorna da montaña e pensaba en salvar todos eses montes rectilíneos que parecían soldados. Diñeiro plantado en liña. Avergoñáballe formar parte daquela sociedade que se apropiaba das terras coma se as escrituras e os contratos fosen asinados directamente por Deus…

Con este proxecto, O Inevitable, nace o Colectivo Marciano Balboa, integrado por dous creadores escénicos, Diego Anido e Borja Fernández; unha deseñadora de iluminación e audiovisuais, Laura Iturralde; e un músico, Pablo Rega.

O Inevitable é o seu primeiro directo, unha acumulación de escenas baseadas nos efectos secundarios da fe católica, os remakes turcos de Rambo e os momentos máis íntimos da vida dun lobo solitario chamado Antonio, un tipo que fai miragres.

Ficha artística

Dirección artística: Diego Anido e Borja Fernández
Actores: Diego Anido e Borja Fernández
Música e composición musical: Pablo Rega
Deseño de iluminación e audiovisuais: Laura Iturralde

Espazos en residencia:

– Colectivo rpm. Residencias Para_Iso. Pazo de Cultura de Carballo
(A Coruña). Novembro 2017
– Teatro Ensalle de Vigo. Residencia artística do 26 ao 29 de novembro de
2018 e do 10 ao 17 de xaneiro de 2019.
– Salón Teatro de Santiago de Compostela. Residencia do 4 ao 9 de
febreiro de 2019

ENTRADAS