Os voy a contar mi vida

Esther Ferrer

ESPAÑA/FRANCIA | 40 MINUTOS

7 febreiro | 18 horas

SALA 2. MUSEO CENTRO GAIÁS

Na acción Os voy a contar mi vida interveñen 16 persoas, das cales 8 persoas son xordas ou dominan a linguaxe de signos e outras 8 falan cada unha na súa lingua. A performance combina o aspecto visual e sonoro da linguaxe, culminando nun coro de xestos e voces nos que diferentes linguas, culturas e sensibilidades interactuarán nun mesmo conxunto visual e sonoro. Unha acción coa que Esther Ferrer tenta contribuír á visibilidade da linguaxe de signos e a celebrar a diversidade de formas de pensar, de expresarse e de comunicar propias de cada lingua.

Desde o inicio da súa carreira a finais dos anos sesenta, Esther Ferrer (Donostia-San Sebastián, 1937) desenvolve as súas liñas de pensamento a través dunha gran variedade de formas e materiais e convértese nunha das artistas pioneiras da performance, xénero que ela define como “a arte que combina o tempo e o espazo coa presenza dun público que non é mero espectador, senón que, se o desexa, pode participar na acción”.

A artista valora, por riba de todo, a liberdade do espectador, polo que non lle ofrece conclusións, senón preguntas e dúbidas para que, de maneira autónoma, xere a súa propia interpretación persoal.

En 1967 Esther Ferrer empeza a participar nas actividades do grupo Zaj, facendo, desde entón, da arte de acción o seu principal medio de expresión. A partir de 1970, retoma a realización de obras plásticas a través de fotografías intervidas, instalacións, cadros e debuxos, baseados na serie de números primos, obxectos ou pezas sonoras.

O seu traballo con Zaj continúa con accións moi directas ata 1996, ano en que se disolve o grupo tras unha exposición retrospectiva no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. En 1999 representa a España na Bienal de Venecia e é Premio Nacional de Artes Plásticas e Premio Velázquez das Artes.

Colaboración: Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia

ENTRADAS