Procúranse 16 voluntari@s

PARTICIPA NUNHA PERFORMANCE DE ESTHER FERRER

Buscamos 8 persoas xordas ou que dominen a linguaxe de signos | Outras 8 persoas que falen un idioma estranxeiro

Día da performance 'Os voy a contar mi vida': 7 de febreiro | Ensaios: 5, 6 e 7 de febreiro

Inscrición: escenasdocambio@cidadedacultura.org | Telefóno -697687859

Apeteceríache formar parte dunha performance de Esther Ferrer para Escenas do Cambio 2019?

A artista donostiarra Esther Ferrer, premio Nacional e tamén Velázquez das Artes, presentará no Festival de inverno, teatro, danza e arte en acción da Cidade da Cultura a  performance Os voy a contar mi vida que trata o tema da comunicación.

Nesta acción, programada para o 7 de febreiro no Museo Gaiás, participarán 16 persoas, das cales 8 precisamos que sexan xordas ou que dominen a linguaxe de signos e outras 8 persoas falarán cada unha na súa lingua. Nesta peza combinará o aspecto visual e sonoro da linguaxe, culminando nun coro de xestos e voces no que diferentes linguas, culturas e sensibilidades interactuarán nun mesmo conxunto visual e sonoro. Unha peformance coa que Esther Ferrer tentará contribuír a darlle visibilidade á linguaxe de signos e a celebrar a diversidade de formas de pensar, de expresarse e de comunicar propias de cada lingua.

QUE PRECISAMOS?

  • 8 persoas xordas ou que dominedes a lingua de signos
  • Outras 8 persoas nas que valoraremos o voso dominio dun idioma diferente ao galego e ao castelán
  • É necesario que contedes con dispoñibilidade para os días 5, 6 e 7 de febreiro de 2019, para poder realizar os ensaios
  • Cada ensaio terá unha duración mínima de dúas horas
  • Os horarios dos ensaios serán acordados unha vez o grupo estea conformado e se concrete a dispoñibilidade das persoas participantes
  • Terán lugar no mesmo espazo no que se vai a desenvolver a acción, Sala 2 do Museo Centro Gaiás (Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela)
  • A participación é voluntaria e non será remunerada

INSCRICIÓN EN: escenasdocambio@cidadedacultura.org Telefóno -697687859