Preguntas con respostas

Esther Ferrer

ESPAÑA/FRANCIA | 30 MINUTOS

8 febreiro | 19 horas

SALA 2. MUSEO CENTRO GAIÁS

Preguntamos e preguntámonos. A pregunta forma parte do noso cotián. No intre no que a humanidade comezou a desenvolver unha linguaxe simbólica, empezou a formulalas . A partir da nosa primeira infancia empezamos a preguntar e quizais tamén a preguntarnos. As nosas vidas son un constante interrogar a nós mesmos/as e aos demais.

As preguntas poden ser interesantes ou non, profundas ou completamente banais. Se G. W. Leibniz se preguntou un día unha cuestión fundamental “por que existe algo no lugar da nada?”, polo momento, sen resposta, outro día puido preguntarse simplemente “que hora é?” ou “que é o que me gustaría comer hoxe?”, por exemplo. Entre unha e outra, a vida pasa e o enigma continúa.

“Expor preguntas pode dar lugar a unha performance? É a cuestión que me fixen un día. Preguntas con respostas é o resultado. A pregunta ten que ser respondida, por quen pregunta ou non, pero ten que haber unha resposta”, anuncia Esther Ferrer sobre esta perfomance.

Pola mañá, ás 12 horas,  Esther Ferrer mantén unha reunión na Facultade de Filoloxía co alumnado, grazas á colaboración da Universidade de Compostela (USC).

ENTRADAS