Tres solos

Vera Mantero

PORTUGAL | 80 MINUTOS

7 febreiro | 20.30 horas

SALA 1. MUSEO CENTRO GAIÁS

Nesta edición presentamos por primeira vez en Galicia o traballo da coreógrafa portuguesa Vera Mantero. E facémolo con Tres solos, que son xa parte da historia da danza: Olympia (17’), Uma misteriosa coisa disse e.e. cummings (20’), e Tal vez ela pudesse dançar primeiro e pensar depois (20’)

Olympia de Vera Mantero é unha paráfrase única da pintura de  Manet. Unha mestura de palimpsesto de cinco minutos da Olympia impresionista e extractos do libro L’asphixiante Culture de Jean Dubuffet.

Uma misteriosa coisa disse e.e. cummings é unha homenaxe á sirena tropical dos cabarets parisienses da década de 1920, Joséphine Baker. Bailarina negra, cantante e actriz dunha familia estadounidense pobre e pioneira da danza contemporánea.

Tal vez ela pudesse dançar primeiro e pensar depois é un só estreado en 1991, creado para o Festival Europalia en Bélxica. Escribiu Mantero na folla de sala nese momento: “A miña relación coa danza xira ao redor das seguintes cuestións: que é o que di a danza? Que podo dicir coa danza? Que é o que estou a dicir cando estou a bailar?”.

Esta peza foi desde sempre e ata hoxe unha peza improvisada. Vera Mantero, autora de pezas míticas da danza contemporánea, como Poesía e selvageria ou estes Tres solos que presentamos, docente, axitadora cultural, e tamén actriz de cinema e cantante.

Unha artista irredutible. A dimensión da súa figura na danza actual e na cultura portuguesa non cabe nun programa de man.

AO REMATAR, CONVERSA ABERTA ENTRE VERA MANTERO, ESTHER FERRER E IDOIA ZABALETA.

Ficha técnica de Olympia:
Dirección artística: Vera Mantero
Performance e co-creación: Christophe Ives, Marcela Levi, Miguel Pereira e
Vera Mantero
Escenografía e vestiario: Nadia Lauro
Colaboración en dramaturxia: Rita Natálio
Música e son: Andrea Parkins
Dirección técnica e iluminación: Erik Houlier
Produción: O Rumo do Fumo
Co-produción: Alkantara Festival /Lisboa, Culturgest/Lisbon, Kunsten Festival
des Arts/Brussels. Festival Montpellier Danse 2009, Teatro de la Laboral-
Ciudad de la Cultura, Xixón
Co-produción e residencia: CNDC/Angers, O Espaço do Tempo/Montemoro-
Novo, PACT Zollverein/Essen; Residencia e apoio: Les Brigittines/Brussels,
Centro Cultural Vila Flor/Guimaraes
Coa colaboración de: Atelier Re.Al/Lisbon. O Rumo do Fumo está apoiado polo
Ministerio de Cultura de Portugal e a Direcçao Geral das Artes.

Ficha técnica de Uma misteriosa coisa disse e.e. cummings:
Dirección artística: Vera Mantero
Performance e co-creación: Christophe Ives, Marcela Levi, Miguel Pereira e
Vera Mantero
Escenografía e vestiario: Nadia Lauro
Colaboración en dramaturxia: Rita Natálio
Música e son: Andrea Parkins
Dirección técnica e iluminación: Erik Houlier
Produción: O Rumo do Fumo
Co-produción: Alkantara Festival /Lisboa, Culturgest/Lisbon, Kunsten Festival
des Arts/Brussels. Festival Montpellier Danse 2009, Teatro de la Laboral-
Ciudad de la Cultura, Xixón
Co-produción e residencia: CNDC/Angers, O Espaço do Tempo/Montemor-o-
Novo, PACT Zollverein/Essen;
Residencia e apoio: Les Brigittines/Brussels, Centro Cultural Vila Flor/
Guimaraes
Coa colaboración de: Atelier Re.Al/Lisbon. O Rumo do Fumo está apioado polo
Ministerio de Cultura de Portugal e a Direcçao Geral das Artes.

Ficha técnica de Tal vez ela pudesse dançar primeiro e pensar depois
Bailado por: Vera Mantero
Set: André Lepecki
Música: Thelonius Monk “Ruby, My Dear”
Vestiario: Vera Mantero
Deseño de luz: João Paulo Xavier
Produción: Pós d’Arte 1991; apoio financieiro: Instituto da Juventude; Co apoio de: Companhia de Dança; encargado polo Festival de Klapstuk 91 (con motivo de Europalia Portugal), 20 minutos, 1991. En cooperación con Mladinsko gledališce

 

ENTRADAS