Tutuguri

Flora Détraz

FRANCIA/PORTUGAL | 25 MINUTOS

15 febreiro | 20.30 horas

SALA 2. MUSEO CENTRO GAIÁS

As cordas vocais e o corpo póñense en xogo, Tutuguri é ver e escoitar un baile. Deste corpo vocal emana toda unha serie de sons: cantos, bisbeos, fragmentos de conversación, sons de animais, berros de bebés ou tintineos de alieníxenas. Os sons en Tutuguri deslízanse e chocan cos xestos. Ás veces, o que se pode oír vese, ás veces non. O corpo transfórmase nun refuxio que acolle a unha gran cantidade de seres, de identidades e de historias. Tutuguri é un ser que envolveu os mundos, un ser mitolóxico que nace en Artaud e que se segue encarnando hoxe.

Flora Détraz formouse en danza e literatura e integra a formación do Centro Coreográfico Nacional de Rillieux-la-pape-, dirixido por Maguy Marin. Durante a súa carreira, atópase con Meredith Monk, Jonathan Burrows, Loïc Touze, Meg Stuart, Vera Mantero ou Lia Rodrigues e traballa como intérprete para Marlene Monteiro Freitas.

Ficha técnica

Concepción e Interpretación: Flora Détraz
Creación de luces: Arthur Gueydan
Rexedoría Lumínica: Eduardo Abdala
Escenografía: Camille Lacroix
Axuda coa dramaturxia: Anaïs Dumaine
Coa complicidade de: Carlota Lagido, Konrad Kaniuk y Paula Caspão
Produción: PLI
Co-producións: Materiais Diversos (PT) / PACT-Zollverein (DE)/ MA scène nationale, Montbéliard (FR) / Relais culturel de Falaise (FR)/ CCN de Caen en Normandie, direction Alban Richard.
Residencias: Ramdam, un centre d’art (FR) Alktantara (PT) / Espacio Azala (ES).
TUTUGURI recibiu o apoio de DRAC Normandie, Institut Français du Portugal e Fundaçao Gulbenkian.

entrada ÚnicA para os tres : loie fuller. research | tutuguri | chroma

ENTRADAS