AVISO LEGAL
Información xeral
As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet (en diante, o “Portal’) que a Fundación Cidade da Cultura de Galicia pon a disposición dos usuarios de internet.
A Fundación Cidade da Cultura de Galicia, con domicilio en Cidade da Cultura de Galicia, Edificio CINC, 3º andar, Lugar de Monte Gaiás, s/n (CP 15707) de Santiago de Compostela (A Coruña) e CIF G15721640, é a titular do dominio http://www.cidadedacultura.gal e dos distintos elementos nel incluídos.
A utilización da nosa páxina web atribúelle a condición de usuario da mesma e supón a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas no presente Aviso Legal na versión publicada no momento mesmo en que o usuario acceda á nosa páxina web, así como da nosa política de privacidade e tratamento de datos persoais.
A Fundación resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso á súa páxina web, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo a aqueles usuarios que incumpran as presente es disposicións xerais así como as particulares que resulten de aplicación.
A Fundación non garante a dispoñibilidade e continuidade do funcionamento da súa páxina web e/ou dos seus servizos ou contido, nin que este se atope actualizado. No entanto, cando iso sexa razoablemente posible, advertirase previamente das interrupcións no funcionamento da páxina web e dos servizos nela ofrecidos. Neste contexto, a Fundación declina calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento da páxina web e dos servizos.
A Fundación facilita o acceso mediante enlaces, a outras páxinas web que consideramos poden ser do seu interese, co único obxectivo de facilitar a procura de recursos a través de internet. No entanto, as ditas páxinas non pertencen á Fundación nin facemos revisión dos seus contidos, polo que non nos responsabilizamos da calidade, exactitude ou veracidade dos mesmos ou do funcionamento da páxina enlazada, nin dos posibles danos que poidan derivarse do seu acceso ou uso.
Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.
A Fundación Cidade da Cultura de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
A Fundación Cidade da Cultura de Galicia non asume responsabilidade ningunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.
A Fundación Cidade da Cultura de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.
Propiedade intelectual e industrial
Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos e contidos son titularidade da Fundación Cidade da Cultura de Galicia pertencente ao sector público autonómico de Galicia.
A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:
Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.
Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outra lei aplicable.
Protección de datos
As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia, —incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento Europeo de Protección de Datos Persoais— na sección de Protección de Datos aloxada nesta mesma web.
Uso de linguas
O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. Para estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.
Lei aplicable e xurisdición
Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.
POLÍTICA DE PRIVACIDADE
Coa finalidade de cumprir adecuadamente co deber de información recollido no artigo 13 do RGPD e o de informar por capas que indica a AEPD, remítese ó seguinte enlace, onde se atopa o texto completo e detallado da Política de Privacidade: Información sobre protección de datos