Escenas do cambio logo 2026

7-10 Maio 2026Festival de teatro,
danza e arte
en acción
cidadedacultura.gal

Escenas do cambio logo 2026

52-BLAU

iXA (Xián Martínez e Elena Castellanos)

Xoves 7 de maio 18h
Cidade da Cultura | Museo Centro Gaiás, sala 1

52-BLAU é unha obra que xira ao redor da soidade acompañada, que muda e se transforma segundo a arquitectura do espazo. Cinco intérpretes nun intento de sobrevivir a un naufraxio na inmensidade dun espazo infinito, onde o individuo afoga no baleiro dun océano cheo de estímulos, persoas e información.

Case unha oda á adaptación no medio do trebón, onde un corpo bate coa soidade e trata de saír a flote.

52-BLAU habita a tristura nun contexto onde os corpos son incapaces de comunicarse. Unha mirada baixo a auga que só consegue observar o azul intenso do ceo, o mar e o infinito.

iXa

iXa nace como unha compañía de danza con identidade mixta entre Galicia, Euskadi e Navarra que ten como eixo artístico a creación escénica contemporánea pensada especificamente para públicos non especialistas, traballando con dramaturxias accesibles e elementos que conecten co imaxinario colectivo.

Entre os seus proxectos sobresaen Pioneiras//Aitzindariak, estreada en 2021 e cunha clara proxección internacional e Nik•Eu 2.0 (2024) e Ollos cara dentro (2023), peza curta para espazos non convencionais que recibiu un total de 13 premios nos certames e festivais máis importantes do estado español. iXa creou obras para outras plataformas como a EDCM de Montreal, A compañía DAB de Euskadi ou o CDAN de Lugo. Ademais foi convidada os centros de formación máis importantes do país como o Conservatorio Superior de Madrid e o Institut do Teatre para compartir a súa metodoloxía e repertorio cos futuros profesionais do sector.

Xoves 7 de maio 18h
Cidade da Cultura | Museo Centro Gaiás, sala 1

Ficha técnica

Galicia, Euskadi, Navarra | 50 min

Idea orixinal: Xián Martínez
Dirección artística: Elena Castellanos, Xián Martínez
Coreografía e interpretación: Elena Castellanos, Xián Martínez, Miguel Arévalo, Julia Miralles, Raúl Melcón. Suplente: Mª José casado
Mirada externa: Alba Collado, Marta Alonso, Mª José Casado
Espazo sonoro: Alejandro da Rocha
Deseño de iluminación: Fermín Izko
Vestiario: Nico Barcala, Noelia Picadizo, Cella de Rois
Produción: Paula Urquijo, Xián Martínez
Co-produción: iXa, Centro Coreográfico Galego, Dansa Metropolitana, Festival Mudanzas (Ayuntamiento de Cartagena), L’Obrador Espai de Creació, Residencias Atopémonos Bailando, LEstruch Fabrica de creació, Belarts.

Idade recomendada: +12 anos

Estrea absoluta