Programa Escenas do Cambio 2020

“¡Yo bailo porque vosotros existís!”. Así comeza o espectáculo Camelamos naquerar, que estreou o gran bailaor e coreógrafo
Mario Maya en 1976.

Camelamos naquerar significa queremos falar en caló. Entón, podía unha bailaora ter voz propia ademais de pés, cadeiras ou brazos? Podía contar, escribir, ler, mostrar e mesmo bailar o material que atravesa este espectáculo? Fragmentos e pegadas diversas deste mítico espectáculo son postos en escena, filtrados polo corpo e a experiencia da bailaora. Que forma tería hoxe esa seguiriya? Cal é o rol da muller no espectáculo? Esas son algunhas das cuestións que se pretenden naquerar, falar e bailar.

ENTRADA

Ficha artística

Titulada polo Conservatorio Superior de Danza Clásica e Española, así como en Maxisterio Musical pola Universidade de Sevilla, como bailaora actúa en escenarios internacionais.

Desde hai máis de 15 anos está colaborando con diversas compañías e desde 2008 en solitario.

Continúa o seu labor de investigación co Máster de Práctica Escénica e Cultura Visual da Universidade de Cuenca en colaboración co Museo Reina Sofía.