Escenas do cambio logo 2026

7-10 Maio 2026Festival de teatro,
danza e arte
en acción
cidadedacultura.gal

Escenas do cambio logo 2026

ARDER ÉPICA (CAP. 1)

Reinaldo Ribeiro

Domingo 10 de maio 18:30h
Cidade da Cultura | Edificio CINC, Salón de convencións

O incendio que consumiu o Museo Nacional do Brasil en 2018 non só destruíu artefactos: devorou memorias. Das cinzas, ARDER ÉPICA.

Quen se responsabiliza desa perda?
E que acontece se xa non estamos para contar a HISTORIA?
Quen a contará por nós?

Fronte ás narrativas oficiais que o incendio silenciou para sempre e atravesada por un segredo familiar, Reinaldo Ribeiro crea unha conferencia na que o corpo se converte en voz e en territorio de disputa.

ARDER ÉPICA honra a oralidade como tecnoloxía ancestral para contar aquilo que os arquivos non puideron preservar. A través da fabulación e do ritual, a obra habita o espazo fronteirizo entre a perda e a ausencia de arquivos: o público e o privado. Unha épica alternativa que desafía as narrativas patriarcais sobre a memoria e propón novas formas de lembrar desde o colectivo, o corporal, o sagrado e o feminino.

ARDER ÉPICA é o último capítulo dunha triloxía que Reinaldo Ribeiro comezou do final cara ao principo, 3, 2, 1. O capítulo 3, sobre a súa experiencia coa negritude, e o capítulo 2, sobre a ollada do espectador cara á alteridade exhibíronse en Escenas do cambio 2025. Agora, no capítulo 1 comparte a súa intimidade nun acto público, “como sabotaxe dun sistema patriarcal baseado no silencio e na mentira”.

Reinaldo Ribeiro

Artista brasileiro “Transoceánico · Bitch Conceptual · Amante Afrofuturista”. O seu traballo transita entre os eidos da coreografía, as artes vivas e o perreo cósmico. Explora o que el define como o concepto 4P: a relación entre o político, o poético, o persoal e o patético. Ten un interese especial pola escena expandida e polas prácticas e proxectos que activan o pensamento e a ollada decolonial. É creador e performer e cofundador do colectivo Lamajara (Barcelona).

Domingo 10 de maio 18:30h
Cidade da Cultura | Edificio CINC, Salón de convencións

Ficha técnica

Brasil, Illas Canarias | 50 min

Concepto, dirección, interpretación: Reinaldo Ribeiro
Dramaturxia e asistencia de dirección: Adeline Flaun
Texto: Reinaldo Ribeiro
Deseño de luces e dirección técnica: Grace Morales
Música en directo: Grupo Quintal Delas
Deseño gráfico, visuais e atrezzo: Noelia Varietti
Produción: Beatriz Bello
Técnico de son: Susi Morla Arteaga
Fotografía: Raffaela Ribeiro
Vídeo e teaser: Alba Monroi, Acerina González
Asistencia artística: Aline Casagrande (dramaturxia), Andres Lis (movemento), Claudia Bliss (música)

Estrea en Galicia

Escenas do Cambio 2026
Resumen de privacidade

Esta web emprega cookies para poder ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións coma recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.