8-11 MAIO
2025


CIDADE DA
CULTURA.
SANTIAGO DE
COMPOSTELA


FESTIVAL
DE TEATRO,
DANZA E ARTE
EN ACCIÓN

Escenas do cambio logo 2025

8-11 MAIO
2025


CIDADE DA
CULTURA.
SANTIAGO DE
COMPOSTELA


FESTIVAL
DE TEATRO,
DANZA E ARTE
EN ACCIÓN

Escenas do cambio logo 2025

Baunsbak

Elvi Balboa

Venres 9 de maio 17h
Cidade da Cultura, Espazos exteriores

O corpo rebota, impúlsase, sobrecárgase. A enerxía medra ata o exceso e, nalgún punto, necesita recuperarse. BAUNSBAK é unha viaxe física entre a exaltación e o colapso, entre a inercia do movemento e a procura do equilibrio.

Coas jumping boots nos pés, cada impacto amplifícase, transformando o chan nun resoador vivo. O son, captado e distorsionado en tempo real, constrúe unha paisaxe vibrante onde a danza non só se ve, senón que se escoita e se sente. O corpo é impulsado constantemente, atrapado nunha dinámica de expansión e contracción, esixindo resistencia, adaptación e recuperación.

Oscilando entre o circular e o abrupto, entre o impulso e a fatiga, BAUNSBAK leva o corpo ao límite da súa propia enerxía, explorando o rebote como acción física e como metáfora da recuperación.

Punto de encontro: REGA 1 (ao carón do Museo Centro Gaiás).

Elvi Balboa

Elvi Balboa articula unha proposta artística na que o corpo emerxe como un territorio de exploración crítica e multisensorial. En diálogo coa música electrónica e a ciencia ficción, o seu traballo multidisciplinar desafía as nocións convencionais do movemento, integrando a arquitectura e as paisaxes sonoras que expanden os límites do son. Desde un enfoque instalativo, Balboa posiciona o corpo non só como un medio expresivo, senón como un axente de cuestionamento: un catalizador que tensiona a relación entre identidade, colectividade e contorna. As súas pezas convidan o espectador a unha experiencia profunda e inmersiva, onde cada movemento revela narrativas sobre pertenza e transformación.

Entre os seus proxectos máis recentes destacan AM I WHAT? (2020), NASENDA (2022), KNIFELIKE (2022, xunto a Ignacio Jiménez, seleccionado nas Residencias Paraíso) e ANÖA, co-producida polo Centro Coreográfico Galego (2024).

Venres 9 de maio 17h
Cidade da Cultura, Espazos exteriores

Ficha técnica

Cataluña, Galicia | De balde | 30 min.

Idea orixinal e direción : Elvi Balboa
Coreografía: Elvi Balboa en colaboración cos intérpretes
Intérpretes: Marina Capel, Berta Pascual, Joel Pradas e Joan Aguilà
Performer Dj: Mourae
Espazo sonoro: Mourae, SØMOS
Sonido directo: Ilan Duhne
Deseño de vestiario: Elvi Balboa
Confección de vestiario: Vanel Design
Distribución: Amarelo

Estrea absoluta

Escenas do Cambio 2025
Resumen de privacidade

Esta web emprega cookies para poder ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións coma recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.