Taller, conferencia, relato de vida e unha fugaz exposición. Todo isto é este obradoiro de Julio Fer, no que as persoas asistentes poderán intervir poeticamente os mistos (sen cabeza) que o performer poñerá á súa disposición de acordo coas breves instrucións que se impartirán ao principio da sesión.

Á vez que os participantes se concentran na súa (in) fructuosa tarefa de escritura, escoitarán ao performer todas as posibilidades teóricas e prácticas que ten a poesía en mistos (e en caixas de mistos), tratando de non perder a concentración.

O evento é un acto de sinceridade, no senso no que o performer leva realmente toda a súa vida investigando as posibilidades deste simple obxecto para queimar. Ao finalizar o taller, asistentes e performer compartirán experiencias; podéndose dar o caso de queimar ao mesmo tempo os poemas realizados. Así mesmo, os e as participantes poderán contemplar todos os obxectos sobre os que fala o performer na súa conferencia, e outros moitos máis non mencionados (ao redor de 40 caixas diferentes e multitude de poemas soltos).

JULIO FERNÁNDEZ PELÁEZ

É doutor pola Universidade de Alcalá en Estudos Literarios, Lingüísticos e Teatrais. Desde 1989 traballa no ámbito da performance e a escena contemporánea, colaborando con diferentes compañías e fundando outras: La Fragua Verde, Inaudita.org ou Anómico Teatro. As súas últimas obras como creador escénico foron Cartas de amor a los árboles, Mer o lo invisible e Paisajes de extinción. Publicou unha vintena de libros de poesía, teatro e novela, entre os que destacan: Sembraré recuerdo ou Efímera incandescencia.

Entre os premios recibidos está o Premio Internacional de Poesía Experimental Ciudad de Badajoz e o Premio Teatro x la Justicia (Buenos Aires). Entre 2009 y 2011 dirixiu o festival “Poéticas para unha vida”. Asi mesmo, impulsou durante varios años a revista NÚA de artes escénicas e performativas, e na actualidade é editor de Ediciones Invasoras.

Como escribir poemas en mistos para recitar, compartir ou deixar que o vento os leve X20Mai - V21Mai, 12H / 16.30 H Fundación Eugenio Granell