No principio foi o caos. Despois, con Celeste e Claudia, C e C, chegaron as tentacións. O (re)coñecemento de Celeste e a fantasía de Claudia.

Di Roy Andersson que o plano xeral, o espazo que rodea a unha persoa, di máis dela que o seu propio rostro. Como consideraremos aquí o corpo, como primeiro plano que acompaña ao rostro e conforma o prexuízo dun estereotipo? Ou como parte do plano xeral que define unha forma de estar e habitar?

O diaño paseándose en bicicleta polas rúas baleiras, como anxo custodio sen corpo que acompañar. O errante que se equivoca e o errante que vaga sen sentido. Reunir a Claudia e a Celeste é como convocar ao anxo e ao demo, sen tentar definir quen é que, quen é quen, ou en que momento son intercambiables.

MATARILE TEATRO

Os seus directores artísticos, Ana Vallés e Baltasar Patiño, fundan a compañía no ano 1986 en Compostela, onde tamén son promotores de espazos de exhibición para a creación contemporánea.

En 1993 e ata 2008 crean e xestionan o Teatro Galán, espazo destinado á programación e difusión do teatro e a danza contemporáneos en Galicia. Entre 1993 e 2005 o Teatro Galán foi destinado á programación e creación, con máis 1.300 actuacións realizadas. E de 2005 a 2008 destínase unicamente á creación e residencias artísticas. De 1995 a 2007 impulsan o Festival Internacional de Danza en espazos urbanos En Pé de Pedra.

En 2017 crean un espazo in-permanente de exhibición, a Sala Montiel, independente de orzamentos e normativas oficiais. Puxeron en escena máis de 30 espectáculos, incontables performances, e propostas en formato concerto, cos que alcanzou máis de vinte premios e mencións en distintos puntos de España e Europa.

Os espectáculos de Matarile e Ana Vallés presentáronse en cidades doutros países como: Boston, Belgrado, París, Novisad, Porto, Leipzig, Boloña, Dresden, Edimburgo, Almada, Bayonne, Bucarest, Rennes, Dinan, Douardenez, Lanester, Brasília, Tavira, Varsovia, Viana do Castelo, ClujNapoca, Timisoara.

Ficha técnica

Duración: 60’
Teatro con presentación do libro ao final da función

FICHA TÉCNICA
Intérpretes: Celeste González e Claudia Faci
Textos: Ana Vallés, Celeste González e Claudia Faci
Iluminación: Baltasar Patiño e Miguel Muñoz
Espazo escénico: Baltasar Patiño
Fotografa final: Rubén Vilanova
Vídeo proxeccións: Matarile
Vestiario: Matarile e Naftalina
Citas/referencias: Heiner Müller, Franco Berardi, Gilles Deleuze, Eduardo do Pueyo, Rebecca Solnit, Daniel Johnston, Gregory Crewdson, Roy Andersson
Publicación dos textos finais de 'El diablo en la playa': Edicións Invasoras
Vídeo para difusión e Teaser: Edición Rusa
Soporte técnico e loxística: RTA/ Matarile
Asistencia técnica en xira: Miguel Muñoz
Xestoría: Asesoría Cruceiro
Promoción e difusión en medios: Juancho Gianzo
Xestión redes: Baltasar Patiño e Juancho Gianzo
Deseño Web e deseño gráfico: Baltasar Patiño
Produción e distribución: Juancho Gianzo
Dirección: Ana Vallés
Acompañamento e agradecementos: Elisa Gálvez e Juan Úbeda, Lara Contreras, Enrique Gavilán, Jacobo Bugarín e Fany Bello

El diablo en la playa S20Feb, 21H Cidade da Cultura. CINC. Salón de Convencións Inclúe presentación do libro ao final da representación