Escenas do cambio logo 2026

7-10 Maio 2026Festival de teatro,
danza e arte
en acción
cidadedacultura.gal

Escenas do cambio logo 2026

EL VACÍO

Julio César Iglesias Ungo, Compañía Colombiana de Danza Contemporánea, Incolballet

Venres 8 de maio 21:30h
Cidade da Cultura | Museo Centro Gaiás, sala 1

A decadencia espiritual preséntase en EL VACÍO como un espello da sociedade contemporánea onde a fragmentación interna dos individuos reflicte a desconexión colectiva e a loita por atopar un sentido nun mundo que parece desintegrarse.

Unha obra de danza cunha potencia visual e física espectacular, na que os intérpretes encarnan a perda do propósito e a desconexión co eu, mostrando como as presións externas e a procura superficial de salvación conducen a unha crise espiritual compartida.


Julio César Iglesias Ungo.-
Egresado da Escola Nacional de Danza (Cuba) como bailarín e profesor de danza moderna e contemporánea. É coreógrafo residente de Danza Contemporánea de Cuba, de Tanzhaus NRW Dusseldorf, e en Pumpenhaus Munster, ambas en Alemaña. Participou tamén en compañías como Unusualʼs Symptoms (Samir Akika), La Intrusa (Damián Muñoz e Virginia García), Última Vez (Wim Vandekeybus), Susana Linke, Soit Company (Hans Van Den Broeck), A Macana- (Alexis Fernandez e Caterina Varela), Renegade Company e Helka (Helder Seabra). Como mestre, desenvolveu nos últimos anos un método chamado “inner tools” (ferramentas internas). É mestre habitual en MTD School of Amsterdam (Holanda), ARTEZ Academy for Theatre and Dance (Holanda), ZZT Cologne (Alemaña) e Tanzhaus NRW Dusseldorf (Alemaña).

Compañía  Colombiana de Danza Contemporánea.- Fundada no ano 2015, destácase polo seu compromiso coa excelencia artística e a promoción da danza contemporánea en Colombia. Cun elenco composto principalmente por bailaríns egresados do Instituto Colombiano de Ballet Clásico INCOLBALLET, a compañía busca fomentar un ambiente de colaboración onde artistas de diversas orixes e estilos poidan contribuír á riqueza e variedade das súas producións.

Participou en numerosos eventos nacionais en Colombia e en festivais internacionais de Cuba, Ecuador ou Surinam, entre outros. Tamén contou coa participación de coreógrafos internacionais como Jorge Abril Santander, Julio César Iglesias Ungo, Davy Brun, Redha Benteifour, Susana Pous, Mathieu Guilhaumon ou Arlai González. Conta cun amplo repertorio de obras de danza contemporánea, entre elas: La Cura, 18+1, el Ruido del Silencio, Haka, La Hora Azul, Lak, El Vacío, Oʼclock, Luz Púrpura, Mentiras que son verdades, Armentum, Mal de Vivre, Que me parta un Rayo.

INCOLBALLET.- O Instituto Colombiano de Ballet Clásico é unha entidade do Valle del Cauca, líder nacional na formación artística en danza. Desde 1978 ofrece o bacharelato artístico en Ballet Clásico, abrindo oportunidades a nenos, nenas e mozas con talento, sen distinción de orixe, e marcando un fito na democratización do acceso a esta arte.

Organízase ao redor de tres liñas de acción: a formación, a produción artística e a extensión. A presenza das compañías artísticas en ballet clásico e en danza contemporánea complementa o ciclo formativo, inspirando aos estudantes e á comunidade xeral coas obras que producen cada tempada, desenvolvendo audiencias que recoñezan o valor artístico da danza, a súa función social, así como o tecido pacífico e multicultural que une e xesta a súa identidade.

Venres 8 de maio 21:30h
Cidade da Cultura | Museo Centro Gaiás, sala 1

Ficha técnica

Colombia, Cuba | 50 min

Coreógrafo: Julio César Iglesias Ungo
Mestre ensaios: Arlai González Padín
Música: Julio César Iglesias Ungo
Deseño de iluminación : Mauricio Ordóñez
Vestiario: Taller de Vestuario INCOLBALLET
Número de bailaríns: 13
Elenco: Compañía Colombiana de Danza Contemporánea

Estrea en España

Escenas do Cambio 2026
Resumen de privacidade

Esta web emprega cookies para poder ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións coma recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.