Escenas do cambio logo 2026

7-10 Maio 2026Festival de teatro,
danza e arte
en acción
cidadedacultura.gal

Escenas do cambio logo 2026

ENCONTRO ARDER ÉPICA

Reinaldo Ribeiro

Sábado 9 de maio 17h
Cidade da Cultura | Museo Centro Gaiás, espazo REGA 2

A viaxe en vermello continúa. Reinaldo Ribeiro volve a Santiago en 2026 para acender a última peza da súa triloxía: ARDER ÉPICA. Como antesala á obra, convoca un espazo de encontro o día previo (sábado 9 de maio) onde a conversa e a escoita tecen os fíos entre o presentado, o vivido e o que está por arder.

Apetéceche facer unha colaxe?

Hai unha mesa posta. Un mantel estendido como un campo común. Froita, papel, tesoiras, recortes doutros tempos. Un espazo vermello que latexa, á espera.

Convocámoste a un rito de sobremesa e tesoiras. A un lugar onde a palabra non pide permiso e a memoria se constrúe coas mans.

Aquí non hai proscenio nin guión. Hai cadeiras que se moven ao ritmo da necesidade: achegarse a cortar unha imaxe, afastarse para mirar de lonxe, volver á conversa que flúe, ás preguntas que vaian xurdindo.

Trae a túa memoria, o teu silencio, o teu desexo de cortar e pegar.

Quizais quede unha brasa feita imaxe, un fragmento épico do que xuntas decidamos conservar ou deixar converterse en cinza fértil.

IMPORTANTE: Este encontro, que terá lugar o sábado 9 de maio entre as 17.00 e as 19.00 horas no Espazo REGA 2 do Museo Centro Gaiás, está dirixido especificamente a mulleres de todas as idades e contará cun máximo de 15 prazas. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 30 de abril contactando coa organización a través do correo electrónico escenasdocambio.cdc@xunta.gal.

Sábado 9 de maio 17h
Cidade da Cultura | Museo Centro Gaiás, espazo REGA 2

Escenas do Cambio 2026
Resumen de privacidade

Esta web emprega cookies para poder ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións coma recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.