Encontro pre-Exposure
Julio Cesar Iglesias Ungo, Hans van den Broeck, Danza Contemporánea de Cuba, Ben FrostUnha oportunidade para afondar, antes da súa estrea en España dentro do festival, en Exposure, nun encontro aberto entre artistas e público. Coa participación dos coreógrafos Julio Cesar Iglesias Ungo (Danza Contemporánea de Cuba) e Hans van den Broeck, acompañados do músico australiano Ben Frost, coñeceremos como se formou a “coalición das de cinco puntas” que deu orixe á peza.
Trátase dunha alianza artística sen precedentes entre cinco visións, cinco forzas creativas distintas, que se encontraron por primeira vez neste proxecto. Por un lado, a compañía Danza Contemporánea de Cuba, con toda a súa riqueza, corpo e identidadr; por outro, a compañía alemá de vangarda en hip hop Urban Arts Ensemble Ruhr, que trae a súa forza urbana e a súa linguaxe propia. A elas súmase o universo sonoro do compositor Ben Frost, que abriu paisaxes emocionais profundas coa súa música. E finalmente a mirada escénica do artista e bailarín belga Hans Van den Broeck e do cubano Julio César Iglesias, creador e ponte entre todos estes mundos.
“Esta foi a primeira vez que traballamos desta forma, nun proceso que puxo a Exposure no centro como experiencia compartida, non como un produto terminado. O fundamental aquí non foi o que se ve na escena, senón como chegamos ata aló. O traballo dividiuse en dúas fases esenciais: unha en Cuba, onde se construíu desde a perspectiva da illa, desde as nosas raíces e códigos; e a outra en Alemaña, onde se incorporou a visión europea, outra enerxía, outra realidade. Ese ir e vir entre dous territorios tan distintos xerou unha ponte cultural. Un espazo común onde o cubano, o alemán, o australiano, o urbán e o contemporáneo non compiten, senón que se entrelazan. E penso que iso é o máis potente de Exposure: que logra ser unha linguaxe colectiva, unha obra que respira desde moitas voces pero di algo en común.” – Julio Cesar Iglesias Ungo.
Acceso libre ata completar capacidade.