ESTE HIMNO LLEVARÁ LA PALABRA EUFORIA
La IntrusaNa tempada 2026/27 celebraremos o 30 aniversario de La Intrusa.
Este himno pretende honrar o impulso vital. Invocar unha forma colectiva de sosterse. E facelo xuntas. Porque un himno non se canta só.
Unha lucidez con formas de delirio, que coa súa cómica ebriedade, revela cal é a substancia do triunfo e o fracaso das expectativas que todos soñamos. Coroados por esta nova liberdade e obsesionados por transcendernos a nós mesmas, creamos este himno que non parte da esperanza, senón do impulso.
La Intrusa
La Intrusa é unha compañía fundada e dirixida por Virginia García e Damián Muñoz. A súa obra, de fisicalidade precisa e poética visual, fusiona danza, teatro e artes visuais. Presentou as súas pezas en máis de 30 países e recibiu, entre outros, o Premio Nacional de Danza 2015 pola súa excelencia e integración de novas linguaxes. Combinan a creación, dirección e interpretación de obras propias con encargos coreográficos para outras compañías, así como a súa faceta pedagóxica, tanto a nivel nacional como internacional.

