8-11 MAIO
2025


CIDADE DA
CULTURA.
SANTIAGO DE
COMPOSTELA


FESTIVAL
DE TEATRO,
DANZA E ARTE
EN ACCIÓN

Escenas do cambio logo 2025

8-11 MAIO
2025


CIDADE DA
CULTURA.
SANTIAGO DE
COMPOSTELA


FESTIVAL
DE TEATRO,
DANZA E ARTE
EN ACCIÓN

Escenas do cambio logo 2025

Familia Nijinska

VACAburra

Domingo 11 de maio 13h
Cidade da Cultura, Sala Eisenman

Familia Nijinska é unha conferencia escénica debuxada que parte da historia dunha familia de artistas, os Nijinska, cuxos proxenitores Eleonora e Tomasz eran dous bailaríns polacos que tiñan unha pequena compañía itinerante e os seus descendentes, o coñecido bailarín e coreógrafo Valslav Nijinsky e a súa irmá a tamén bailarina e coreógrafa Bronislava Nijinska.

Na súa investigación, VACAburra fíxase en dous eixos fundamentais: o diagnóstico de esquizofrenia de Nijinsky, que viu truncada a súa carreira en pleno auxe e recoñecemento do seu traballo e, por outra banda, un segundo eixo centrado en Nijinska como figura clave non recoñecida da historia da danza.

Familia Nijinska busca pistas para imaxinar e pensar futuros posibles, atrevéndose a ficcionar outros horizontes de posibilidades ao noso alcance. Unha ollada disidente da historia que revisa o canon poñendo en valor figuras esquecidas e creando novos trazados nas narrativas existentes para tratar de construír co público un pensamento crítico.

Familia Nijinska é unha mostra aberta ao público do proceso de investigación tras dúas semanas de residencia na incubadora creativa do festival Escenas do cambio.

VACAburra

VACAburra é unha compañía galega de creación escénica contemporánea fundada en 2019 por Andrea Quintana e Gena Baamonde. O seu traballo está atravesado por unha mirada feminista do mundo, sendo o corpo o accionador principal das súas creacións, unha danza política co humor como ferramenta necesaria e imprescindible. Nas súas creacións hai unha forte aposta pola hibridación e mestura de formatos con pezas como o solo de danza O raro é que bailar sexa raro, a conferencia escénica Metodoloxías Carroñeras para corpos invertidos, a deriva coreográfica Festina Lente ou a peza para rúa e espazos non convencionais Ruar.

Domingo 11 de maio 13h
Cidade da Cultura, Sala Eisenman

Ficha técnica

Galicia | 9 € | 60 min.

Peza en proceso
Escenas do Cambio 2025
Resumen de privacidade

Esta web emprega cookies para poder ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións coma recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.