Escenas do cambio logo 2026

7-10 Maio 2026Festival de teatro,
danza e arte
en acción
cidadedacultura.gal

Escenas do cambio logo 2026

HECATOMBE II – Movementos e rituais para a renovación do mundo

Martha Hincapié Charry

Venres 8 de maio 18h, 18:30h
Cidade da Cultura | Museo Centro Gaiás, sala seminario

HECATOMBE II – Movementos e rituais para a renovación do mundo é unha instalación de vídeo inmersiva con performace en vivo na que os participantes se atopan con tres líderes nativos das primeiras nacións das chamadas Américas: Colombia, Estados Unidos e a Amazonia.

Un encontro que documenta e pon en valor o coñecemento ancestral indíxena, as súas danzas, rituais e cerimonias para crear un espazo de reflexión sobre a relación dos seres humanos coa natureza.

A obra entrelaza corpo, saberes ancestrais e tecnoloxía, propoñendo unha experiencia ritual e ecofeminista onde memoria, espiritualidade e ecoloxía se cruzan. É unha ofrenda, un xesto de renovación ante o esgotamento do mundo, un chamamento a volver á terra como lugar de comunión e escoita.

NOTA: O público poderá moverse libremente polo espazo e descalzarse para entrar en contacto coa terra que cubre o chan do espazo escénico.

Martha Hincapié Charry

Colombiana de orixe indíxena, Martha Hincapié Charry defínese como artista, coreógrafa, intérprete e curadora BIPOC (negra, indíxena e de cor) centrada na descolonización, e vive en Berlín. Estudou na Universidade Folkwang de Essen baixo a dirección de Pina Bausch e na Universidade das Artes UdK de Berlín. En 2019 recibiu a Bolsa Pina Bausch de danza e coreografía. O seu traballo foi convidado a festivais e salas de Europa, Asia e as Américas.

É a directora artística de “Plataforma/SurReal Berlín” desde 2011. En 2021/22 foi curadora asociada en Radialsystem, Berlín. No seu traballo, abre un espazo de diálogo entre continentes no que, a través dunha reflexión interseccional, aborda os temas do caos climático, o (de)colonialismo e a relación entre a arte, o humano/máis que humano, e o mundo visible e invisible.

Venres 8 de maio 18h, 18:30h
Cidade da Cultura | Museo Centro Gaiás, sala seminario

Ficha técnica

Colombia, Alemaña | 30 min

Dirección: Martha Hincapié Charry
Líderes indíxenas participantes: Petra Gouriyu (comunidade Arralia, pobo Wayúu, deserto de La Guajira - Colombia; Shane Weeks (Primeira Nación Shinnecock, Long Island, Nova York); Aimema Úai (pobo Muruy Muina, selva amazónica).

Estrea en Galicia

Escenas do Cambio 2026
Resumen de privacidade

Esta web emprega cookies para poder ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións coma recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.