8-11 MAIO
2025


CIDADE DA
CULTURA.
SANTIAGO DE
COMPOSTELA


FESTIVAL
DE TEATRO,
DANZA E ARTE
EN ACCIÓN

Escenas do cambio logo 2025

8-11 MAIO
2025


CIDADE DA
CULTURA.
SANTIAGO DE
COMPOSTELA


FESTIVAL
DE TEATRO,
DANZA E ARTE
EN ACCIÓN

Escenas do cambio logo 2025

I’m not a hero

Fluctus

Venres 9 de maio 18.15h
Sábado 10 maio 18.30h
Cidade da Cultura, Galería de servizos

I’m not a hero aborda o tema do heroísmo e as súas manifestacións contemporáneas a través do teatro físico:

un público en círculo, dous corpos mesturándose, dúas historias rozándose, o conxunto afogando nun pozo de boas intencións.

Partindo do suposto de que ser heroe ou heroína hoxe en día consiste no acto de saír da propia zona de confort para actuar en situacións cotiás nas que o outro necesitaría axuda, Kevin Blaser e Faustino Blanchut —autores e intérpretes na escena— interróganse sobre cales son as forzas que actúan en sentido contrario. O título do espectáculo fai referencia á escusa detrás da cal un se agocha para non expoñerse, para non correr o risco de ser vulnerable e para xustificar a incapacidade de saír, ás veces, dunha pasividade que permite permanecer na comodidade e a calor do anonimato.

Punto de encontro: REGA 1 (ao carón do Museo Centro Gaiás). Acceso á Galería de Servizos polo  Xardín literario.

Fluctus

Creada en 2018 por Kevin Blaser, Fluctus é unha compañía que tira dos núcleos máis crus do teatro, do movemento e da performance para poñer en escena as súas obras.

Despois de varios anos de colaboracións artísticas, en 2022 Faustino Blanchut únese a Kevin Blaser como codirector artístico da compañía, dando forza a unha visión artística con horizontes comúns.

Xuntos, os dous artistas exploran novas formas de expresión teatral orientadas ao contemporáneo, co obxectivo de experimentar sen se converter en creadores para unha elite.

A compañía ten unha presenza sólida no territorio suízo, e o seu traballo xa creou interese internacional, con representacións en Italia, España e Francia, demostrando capacidade para superar fronteiras lingüísticas e culturais.

Venres 9 de maio 18.15h
Sábado 10 maio 18.30h
Cidade da Cultura, Galería de servizos

Ficha técnica

Suíza | 9 €

Por e con: Faustino Blanchut, Kevin Blaser
Dirección: Antoine Zivelonghi
Música: Cedric Blaser
Deseño de Iluminación: Marzio Picchetti
Escenografía e vestiario: Amelia Prazak
Produción: Fluctus
Coprodución: premio - Premio d'incoraggiamento per le Arti Sceniche, Lac Lugano Arte E Cultura
Colabora na distribución: Zona’b
Co apoio de: Repubblica e Cantone Ticino DECS, Percento Culturale Migros, Stanley Thomas Johnson Stiftung, Città di Lugano, Fondazione degli artisti interpreti SIS, Oertli Stiftung, La Mobiliare, Jürg George Bürki-Stiftung
Residencias: Fabriktheater – Rote Fabrik, Accademia Teatro Dimitri, Fondazione Claudia Lombardi per il teatro, Théâtre du Loup, Gessnerallee, Kaserne
Xiras internacionais co apoio de: Pro Helvetia – Fondazione svizzera per la cultura
Premios e recoñecementos: Premio d’incoraggiamento per le arti sceniche 2023. LAC Lugano Arte e Cultura
Escenas do Cambio 2025
Resumen de privacidade

Esta web emprega cookies para poder ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións coma recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.