I’m not an Influencer (Schwarzenegger exterminó mi futuro)
Reinaldo RibeiroA peza convida a unha invocación colectiva na que o performer se converte en terra vermella, recoñécese e deléitase no infinito das súas curvas.
Amplificada pola viaxe sonora de Marina Tomás Amado, a obra mergulla a persoa espectadora no contemplativo para cuestionar a súa mirada ante a obxectivización do corpo negro e mestizo, e ante a urxencia de calibrar pasado e presente.
Este novo traballo de Reinaldo Ribeiro, capítulo segundo da súa triloxía que cuestiona a representación do corpo negro nas artes en xeral, pode entenderse como unha forma de cuestionar o que significa ser suxeito. bell hooks defíneo ben ao sinalar que os suxeitos son aqueles que teñen o dereito a definir as súas propias realidades, a establecer as súas identidades e a nomear as súas historias, en contraste co ser obxecto, onde a realidade e a identidade son definidas por outros.
Reinaldo Ribeiro
Artista transoceánico, bitch conceptual, amante afro-futurista.
Como creador transita entre os campos da coreografía, as artes escénicas e o perreo cósmico.
O seu traballo explora o que el define como concepto 4P: a relación entre o político, o poético, o persoal e o patético.