Unha liña horizontal proxectada na pantalla treme. De súpeto, a liña multiplícase drasticamente coma se descargase a súa enerxía inmanente. Do mesmo xeito, cando Umeda treme no escenario, a enerxía oculta retida no seu corpo transmítese desde a pelvis á columna vertebral, aos brazos, e finalmente á pantalla, na que a enerxía se visualiza mediante liñas curvas que lembran unha coroa solar.
Cando as fervenzas e os ríos se ven de lonxe, parecen manter formas estáticas; con todo, cando un fai zoom sobre os mesmos obxectos a nivel microscópico obsérvase que están formados por movementos incesantes tales como ondas, vórtices e contracorrentes.
Baseado neste concepto creativo, en Intensional Particle, Umeda reinterpreta as partículas no espazo como moléculas non estáticas, senón como ‘partículas activas (ou puntos de masa)’; e, visualiza, no espazo, a «forza intensional» que as partículas ocultan. As formas transitorias das partículas dixitais que formulan imaxes de sólidos disolvéndose, sublimación de líquidos e algoritmos de transferencia de temperatura e calor, sincronízanse e sintetizan cos movementos de Hiroaki, producindo un universo enteiro que baila como un organismo vivo.
O residuo de calor que ferve a lume lento despois da experiencia dunha sobrecarga de información como esta permanecerá moito tempo nos corpos do público.