Escenas do cambio logo 2026

7-10 Maio 2026Festival de teatro,
danza e arte
en acción
cidadedacultura.gal

Escenas do cambio logo 2026

LA CALIDESA

Société Mouffette, GREC, COMA14

Sábado 9 de maio 11h, 12h, 13h, 16h, 17h, 18h
Cidade da Cultura | Galería de servizos

LA CALIDESA preséntanos seis historias sobre soidade e amizade. Seis situacións de silencio e paisaxes desertos, personaxes perdidas en lugares de vida non desexados aos que a presenza e o acompañamento doutra persoa verten algo de luz baixo a que poder continuar.

Estas seis cápsulas abrirannos a realidades cotiás, nunha sociedade na que o cotián engloba xa o mundo enteiro: a emigración, o envellecemento da poboación mundial, a mobilidade internacional, o modelo da sociedade de consumo, a mercantilización do ser, etc.

A soidade é silenciosa e avanza lentamente, ás veces nin nos damos conta, pero vai conquistando espazos, e para cando reparamos nela o dano xa é profundo e estrutural.

LA CALIDESA é unha chamada aos coidados, unha alerta lanzada ás nosas vidas para que volvamos conquistar os espazos compartidos e lancemos luz sobre posibles soidades propias ou alleas, para que valoremos e reforcemos a amizade, a compañía do outro, ás nosas compañeiras de vida.

NOTA: O sábado 9 de maio pola mañá poderedes atopar as integrantes do Comando Dramatúrxico e compartir con elas un café ou bebida ao gusto no que intercambiar impresións sobre a vosa viaxe na LA CALIDESA.

Société Mouffette e COMA14

Os proxectos de COMA14 e Société Mouffette procuran novas linguaxes dentro do teatro visual e da plástica escénica, outras formas de comunicación entre o público e o feito teatral, outras poéticas da dramaturxia.

Este diálogo e colaboración entre a compañía balear e a madrileña deu lugar a tres espectáculos: LA DISTANCIA (cápsulas de memoria), obra multidisciplinar que aborda a memoria dos meses de 2020 nos que vivimos un confinamento que nos encerrou coa nosa humanidade para confrontarnos coa vida; LA CALIDESA (coprodución co Festival GREC), estreada no Teatre Lliure en xullo de 2025; e CUENTO DE NAVIDAD (Encapsulando a Dickens), gañador do Premio MAX ao Mellor Espectáculo para Público Infantil, Xuvenil ou Familiar e finalista ao MAX á Mellor Versión ou Adaptación de Obra Teatral; Premio FETEN 2024 á Mellor Adaptación Literaria e Premio Drac d’Or ao Mellor Espectáculo para Público Familiar.

“Por riba de todos estes conceptos e formas de facer, está a crenza de que nas artes escénicas hai máis verdade ca na vida; que o que se esperta na intimidade dese lugar de encontro é un feito revolucionario. A resistencia tamén era isto”.

Sábado 9 de maio 11h, 12h, 13h, 16h, 17h, 18h
Cidade da Cultura | Galería de servizos

Ficha técnica

Illas Baleares, Cataluña, Madrid | 45 min (6 pases)

Actriz: Xisca Ferrà
Música e son: Iñaki Rubio
Dirección: Tolo Ferrà
Autoría: Marta Barceló
Dramaturxia: Vera González, Tolo Ferrà
Escenografía: Amaya Cortaire
Co-produción: Société Mouffette, COMA14, Festival GREC

Estrea en Galicia

Escenas do Cambio 2026
Resumen de privacidade

Esta web emprega cookies para poder ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións coma recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.