— Ecce Corpus, então. Mas qual corpo — este ou o outro?
— Este é o outro.
Língua Bífida é resultado dun desafío, o que o artista António Gonçalves lanzou ao escritor Pedro Eiras cando el mesmo estaba a revisitar a súa obra Ecce Corpus, performance que realizou en 1999 e que toma nova forma a través da instalación Corpo que se fai imaxe nesta edición Escenas do cambio.
A intención do libro é a de analizar a performance en si, o uso dos corpos nela e o rexistro das imaxes como memoria dos actos. Construído a xeito de diálogo, o ensaio gravita tanto sobre a acción realizada por António Gonçalves como sobre as imaxes e artistas núcleo que empregou no seu día e que hoxe podemos considerar históricas.
Nesta presentación de Língua Bífida, artista e autor xeran tamén un diálogo que se abre á reflexión sobre a importancia da performance no campo da creación artística, sobre os corpos, os actos e a memoria.
Pedro Eiras
Pedro Eiras é profesor de Literatura Portuguesa na Universidade do Porto e investigador do Instituto de Literatura Comparada Margarida Losa, onde coordina a liña de investigación Intermedialidades.
Desde 2005 ten publicado varios libros de ensaios sobre a literatura portuguesa dos séculos XX e XXI, con enfoques interartísticos e sobre cuestións éticas. En 2021 publicou Língua Bífida. Un ensaio sobre Ecce Corpus, performance de António Gonçalves, editado por Documenta. Actualmente desenvolve investigacións sobre a representación e o imaxinario da fin do mundo. Tamén é autor de obras de poesía, ficción, teatro e outros xénero máis difíciles de clasificar.