Programa Escenas do Cambio 2020

As relacións humanas son puntos radicais de resistencia. Varios dos traballos de Eszter Salamon céntranse en subxectividades femininas, xenealoxías feministas e relacións multixeneracionais.

M/others explora a relación nai-filla. A través de modalidades de acción, sentimento e percepción, abre un tempo intersubxectivo, dando lugar a un espazo singular con rastros e estados de unión.

Esta é a segunda vez que Eszter Salamon lle pide a súa nai que actúe con ela. O dúo coa súa nai ocasiona empatía, coidado e compaixón, e a través da atención  sensual, experimenta cun tecido poético de significado oscilante. Tal convivencia e reconfiguración constante do enredo dos corpos convértese nun proceso de desfacer-refacer a identidade, creando un momento de “co-emerxencia”: ser e estar con, e presenciar o espazo-tempo máis aló da identidade.

Eszter Salamon pretende desenvolver M/others con outras parellas de nai e filla.

ENTRADA

Ficha artística

Concepto e dirección artística: Eszter Salamon
Coreografía e performance: Erzsébet Gyarmati e Eszter Salamon
Escenografía: Sylvie Garot e Eszter Salamon
Deseño de luces: Sylvie Garot
Asistente de ensaio: Liza Baliasnaja, Boglàrka Börcsök
Vestiario: SabinGröflin
Produción Botschaft GbR/ Alexandra Wellensiek, Studio E.S/ Elodie Perrin
Comisionado por Nataša Petrešin-Bachelez

Estrea

Estrea en España en 'Escenas do cambio 2020'