Gaiás, Cidade da Cultura
Escenas do cambio 2022

3—5 Maio 2024
Festival de teatro, danza e arte en acción
Gaiás, Cidade da Cultura

Xunta de Galicia

3—5 Maio 2024

Festival de teatro,
danza e arte
en acción

Xunta de Galicia

Manifesto

Mateo Feijóo

Venres 3 maio 21.15h
Cidade da Cultura | Museo Centro Gaiás, Sala 1

Este Manifesto é unha mirada poética sobre o espazo e o pensamento artístico, sobre as diferentes formas de expresión artística que posibilitaron e posibilitan o desenvolvemento do festival Escenas do cambio. É tamén unha chamada ao risco, ao desexo como ferramenta para expresar desde o máis profundo, para animarnos a soñar e transformar desde a poética a nosa contorna máis próxima.

*Acceso conxunto coa entrada ao espectáculo Calidoscopio de Gallaecia Ensemble Barroco.

Mateo Feijóo

Foi director do Festival Escena Contemporánea da Comunidad de Madrid. Director do Teatro de La Laboral, proxecto enmarcado na Ciudad de la Cultura de Xixón. Asesor de diferentes festivais e espazos no ámbito nacional e internacional. Puxo en marcha o proxecto Naves Matadero – Centro Internacional de Artes Vivas, proxecto que finalizou en marzo de 2020.

Como curador de exposicións, traballou en museos e galerías no ámbito internacional con artistas como Marina Abramovic, Elena del Rivero, Cristina Rodrigues… Como director artístico e coreógrafo desenvolveu un traballo persoal e en colaboración con outros creadores.

A súa actividade artística sempre estivo acompañada dun traballo próximo ao pensamento e á docencia. Na actualidade imparte clases no máster de Creación Teatral da Universidad Carlos III de Madrid e leva a dirección artística do proxecto Flipas · Laboratorio de culturas urbanas, que xurdiu en Naves Matadero co apoio da Alianza Francesa e o Goethe Institut.

Ficha técnica

Galicia | 15 min

Autoría: Mateo Feijóo
Apoio: Francisco Nogueiras e Torre Branca Producións
Idioma: Galego

Inédito