Programa Escenas do Cambio 2020

Que pasaría se xuzgásemos publicamente a Hamlet coma un asasino común? O dramaturgo e codirector Roger Bernat, un dos máis singulares creadores da escena catalá, a través da aplaudida Please, continue (Hamlet), transpórtanos a un xuízo real ao cidadán Hamlet, acusado de matar o seu tío Polonio, protagonizado por un equipo xudicial real en activo.

Xuíz, avogado, fiscal, forense e psiquiatra —actores maiores nos tribunais— convértense aquí en intérpretes: como na comedia dell’arte, xogan coa estrutura do caso, manipulando os argumentos, a retórica, a linguaxe e os xestos que lles son propios durante os verdadeiros procesos.

Saberemos recoñecer o teatro da vida? Tomaremos consciencia do peso dos códigos e as regras postas en xogo e, dun xeito paradoxal, da subxectividade de determinadas decisións? Estamos ante un dispositivo escénico no que Roger Bernat fai desaparecer a cuarta parede situando o individuo, convertido en “espect-actor”, no centro dos seus proxectos posto que o desenlace do xuízo quedará en mans do xurado popular, representado polo público asistente.

ENTRADAS Á VENDA PROXIMAMENTE

Ficha artística

Coprodución: Le Phénix (Valenciennes), Huis a/d Werf (Utrecht), Théâtre du Grü (Ginebra), Elèctrica Produccions (Barcelona) e Dreams Come True (Ginebra)
Co-realización: Montévidéo (Marsella), Le Carré - Les Colonnes Scène conventionnée (Saint-Médard- en-Jalles/Blanquefort)
Coa colaboración de Ville de Genève, République et canton de Genève, Pro Helvetia Fondation suisse pour la culture e INAEM - Ministerio de Cultura de España