Penso na mente dun neno coma un libro en branco – Walt Disney

Atravesando a salvaxe paisaxe interior da mente humana, dous [anti]heroes improbables perseguen visións en forma de pesadelos de liberdade a través dunha serie de episodios de sensualidade intensa e violencia fantasmagórica.

Psychodrama é unha especie de exorcismo cultural pop, un tren desbocado que viaxa atravesando o cranio da/o espectador nunha sinapse chamuscada, un espectáculo soñado, pegañento e escorregadizo, ao redor da brutalidade dos debuxos animados e do poder corrosivo dos relatos que se pregunta de quen son todas esas voces que hai dentro da túa cabeza? E como chegaron alí? E, se puideses silenciar esas voces, faríalo?

Psychodrama é a primeira peza colaborativa creada e interpretada polo escritor, intérprete e músico canadense Christopher Brett Bailey e a compañía de escena experimental Sleepwalk Collective.

SLEEPWALK COLLECTIVE

É unha premiada compañía de arte en vivo e teatro experimental que traballa desde o 2006 entre España e O Reino Unido creando pezas orixinais para teatros e espazos non convencionais que emerxen da fascinación que senten pola cultura popular, a condición humana, e as novas tecnoloxías. As súas pezas combinan textos reflexivos e poéticos cunha coidada estética, e caracterízanse por estar envolvidas nun deseño sonoro e lumínico denso e hipnótico.

Sleepwalk Collective son Iara Solano Arana e Sammy Metcalfe. Xuntos crearon unha ducia de espectáculos para teatros, unha serie de pezas intimistas en formato vis- à- vis e un gran número de accións e pezas escénicas experimentais, algunhas delas site-specific, para espazos alternativos e museísticos que foron programadas en catro continentes e máis de 20 países destacando The Barbican en Londres, o Festival MESS de Saraievo, o Festival de Sydney en Australia, o Festival de Teatro da Habana, ou o Festival Progress de Toronto.

Os seus textos foron publicados por Oberon Books, Routledge e Salamander Street.

CHRISTOPHER BRETT BAILEY

Canadá, 1987. É escritor, músico, creador escénico e intérprete afincado en Londres. O seu debut celebrado pola crítica This is how we die (2014) recibe os premios Arches Brick Award e Off West End Award (na categoría de producións que desafían definición tradicional).

Outros traballos inclúen as pezas músico-teatrais Kissing the shotgun goodnight (2016) e Rated x (2018), e a súa publicación de colección de historias Spoken word Suicide notes (2018).

Colabora habitualmente con Made In China, Andy Field, Mamoru Iriguchi, Glen Neath & Hannah Ringham, Nigel & Louise, e o gran Ken Campbell.

Como músico, é a metade do duo ambiental Moon ate the dark e líder do grupo This machine won’ t kill fascists but it might get you laid.

Christopher é graduado do curso de Teatro Contemporáneo East 15’ s do que actualmente é titor da materia de Escritura Creativa. Tras pasar por Rock School con matrícula de honra terminou un master en Writer’ s Block de Goldsmiths, University of London.

Ficha técnica

Duración: 70'
Teatro experimental. En inglés con subtítulos en castelán.

FICHA TÉCNICA:
Peza orixinal: Sleepwalk Collective e Christopher Brett Bailey

Intérpretes: Iara Solano Arana e Christopher Brett Bailey

Deseño escenográfico: Iara Solano

Música orixinal e deseño sonoro: Christopher Brett Bailey e Sammy Metcalfe
Voz en off: Nhung Dand
Deseño de iluminación: Sammy Metcalfe
Equipo técnico traducións: Iara Solano Arana
Proxeccións: Iara Solano Arana
Barbería: Katie Du’ Mont
Vestiario: Paola de Diego
Produción en España: Iara Solano Arana
Produción no Reino Unido: Beckie Darlington
Unha co-produción do Centro Condeduque, Theatre in the Mill, Cambridge Junction e Battersea Arts Centre. Co apoio do Arts Council England e HOME Manchester.

Estrea

Subtítulos en galego e castelán
Psychodrama D23Mai, 20:30H Cidade da Cultura. Museo Centro Gaiás Sala 1