Programa Escenas do Cambio 2020

Unha bandeira negra, símbolo de resistencia, frota lentamente na noite. O seu movemento e o son da tea que sacode o aire convértense en coreografía e banda sonora. Cunha mirada que cruza os límites entre as disciplinas artísticas, a coreógrafa e intérprete de orixe canadense e polaca Ula Sickle divide o escenario, nunha proba de resistencia física e moral, cun grupo heteroxéneo de intérpretes, acompañada polo artista sonoro Yann Leguay.

Unha acción anarquista que ten lugar durante un período de entre 4 e 6 horas, inspirada nas recentes protestas en todo o mundo, e en particular nas manifestacións masivas polacas en defensa dos dereitos das mulleres, chamadas ‘protestas negras’.

Ula Sickle

A coreógrafa polaca e canadense é unha das figuras máis extremas da danza contemporánea europea. Traballando entre as artes visuais e as artes escénicas foi desenvolvendo unha linguaxe onde todo xira ao redor dos corpos, a luz e a música. Desde Kinshasa Electric, traballo canónico da década anterior, o seu traballo non parou de medrar.

Espectáculo sen entrada, de acceso libre e de balde

Ficha artística

Concepto e coreografía: Ula Sickle
Son ao vivo: Yann Leguay
Performance (Santiago de Compostela): Sidney Barnes, Amanda Barrio
Carmelo, Cherish Menzo e Ula Sickle
Creada con: Popol Amisi, Liza Baliasnaja, Wei-Da Chen, Nathan Oms,
Mohamed Toukabri e Mavi Veloso
Produción executiva Caravan Production
Co soporte de Nuit Blanche 2018 (Bruxelas), Pianofabriek Kunstenwerkplaats
(Saint- Gilles)

Estrea

Estrea en España en 'Escenas do cambio'