Gaiás, Cidade da Cultura
Escenas do cambio 2022

3—5 Maio 2024
Festival de teatro, danza e arte en acción
Gaiás, Cidade da Cultura

Xunta de Galicia

3—5 Maio 2024

Festival de teatro,
danza e arte
en acción

Xunta de Galicia

Remix X: unha década de Escenas do cambio

Yuraq Walla x Emilio Horyaans

Sábado 4 maio 22.45h
Santiago de Compostela, Salón Teatro

Un tributo visual e sonoro aos dez anos de Escenas do cambio que sae á rúa para reencontrarse co público do festival e descubrirlle a súa historia a todo aquel que se cruce no camiño. O dúo Yuraq Walla x Emilio Horyaans constrúe no Salón Teatro en Compostela unha experiencia multisensorial que celebra o pasado á vez que reclama a atención das audiencias máis novas, chamadas a participar da renovación e actualización constante da escena cultural galega.

Aviso: O espectáculo trasládase ao interior do Salón Teatro debido á previsión de chuvia para o sábado 4 de maio.

Guillermo Cavero Emilio (Pamper/Yuraq Walla)

Guillermo Cavero é un deseñador gráfico, promotor e DJ peruano establecido en Santiago de Compostela desde hai máis de 15 anos. Ademais de ser o fundador de Bombo a Negras, colectivo dedicado á produción de eventos, centrado na creación e difusión de espazos de música electrónica e urbana, é co-fundador da promotora La Melona, asociación cultural destinada á difusión de eventos musicais e artísticos en Santiago de Compostela, como o Melonafest, Melonaclub ou Portas do Camiño, Portas da Cultura.

Emilio Horyaans (Paspi)

O vigués Emilio Horyaans desenvolve o seu campo de acción entre o vídeo, a fotografía e o deseño gráfico, facetas que enlazan coa súa actividade como produtor e DJ de música electrónica (PV3000).

Cun marcado enfoque experimental e expresivo, mostra un interese particular en explorar a abstracción a través do son e da imaxe en movemento. O seu obxectivo é conectar estas formas artísticas para que interactúen con outras disciplinas.