8-11 MAIO
2025


CIDADE DA
CULTURA.
SANTIAGO DE
COMPOSTELA


FESTIVAL
DE TEATRO,
DANZA E ARTE
EN ACCIÓN

Escenas do cambio logo 2025

8-11 MAIO
2025


CIDADE DA
CULTURA.
SANTIAGO DE
COMPOSTELA


FESTIVAL
DE TEATRO,
DANZA E ARTE
EN ACCIÓN

Escenas do cambio logo 2025

Velaiquich, Amoorch!

Colectivo D'elas

Xoves 8 de maio 16.30h
Cidade da Cultura, Centro de Emprendemento Creativo

Velaiquich, Amoorch! é a nova proposta escénica do colectivo D’elas, un espectáculo de composición instantánea con música en directo pensado para espazos non convencionais.

A proposta busca trasladar a esencia das danzas urbanas a unha linguaxe contemporánea da man dunha equipa estreitamente vinculada ás novas tendencias. Velaiquich, Amooorch! explora, a través da improvisación, a continua renovación e o cambio constante, apropiándose deste momento histórico tan marcado pola sobre-actualización da linguaxe e das tendencias.

Unha obra que aposta pola interconexión como eixo central: a conexión entre os corpos, o sonoro, a contorna e a paisaxe, e o público como motor da composición.

Colectivo D’elas

D’elas é un colectivo de danza integrado por dez artistas novas, emerxentes e galegas: Andrea Castro, Eloi García, Martín Sanjurjo, Myriam González, Nerea Balado, Julia Laport, Sabela Domínguez, Iria Casal, Noelia Mato e Diana Monserrat. Xúntanse en setembro do 2020 pola necesidade de desenvolver a través da colectividade, de crear pontes entre artistas do movemento e de levar as linguaxes das danzas urbanas á escena.

En 2021 estrean OCCO no programa Propulsa Danza+Paisaxe+Patrimonio (A Estrada, Pontevedra), peza que resulta tamén finalista do Certame Coreográfico de Compostela 2022. En 2024 estrean o seu primeiro espectáculo de longo formato para teatros e auditorios, É difícil fotografar o baleiro, co que percorreron, entre outros, o Teatro Jofre de Ferrol, o Teatro Rosalía de Castro da Coruña, o Teatro Principal de Santiago de Compostela (Galicia escena PRO) e formaron parte da programación Lúa Cheia de Peripécia Teatro (Vila Real, Portugal) ou do festival Danza Xixón 2024 (Asturias).

Nesta nova produción, Velaiquich, amoorch!, D’elas colabora con MounQup (Camille Hedouin), música francesa afincada en Galicia desde hai máis de dez anos, que se encarga do espazo sonoro e música en directo, introducindo xogos de improvisación en escena. Coñecida como “a Björk da Galicia rural”, Camille investiga sobre as conexións entre os ritmos africanos e a tradición das sonoridades galegas, especializándose na improvisación e na utilización de sons gravados en directo.

Xoves 8 de maio 16.30h
Cidade da Cultura, Centro de Emprendemento Creativo

Ficha técnica

Galicia | De balde

Dirección: Julia Laport
Creación: Colectivo D'elas
Intérpretes: Andrea Castro, Eloi García, Myriam González, MounQup, Ainara María Aba Gabín, Brenda Franco Vaccaro, Daniela Fontao López, Daniela Mariño Rodríguez, Daniela Pérez Cao, Fuco Río Fernández, Irene Rojo Prego, Lola Fernández Piñeiro, Rafael Rodríguez Gentil, Rocío Castro Quintero, Xiana García Monasterio
Espazo sonoro: MounQup
Produción executiva: Myriam González, Julia Laport
Produción: Colectivo D'elas
Distribución: Lilian Portela - Amarelo
Fotografía: Iria Casal

Estrea Absoluta

Escenas do Cambio 2025
Resumen de privacidade

Esta web emprega cookies para poder ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións coma recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.