8-11 MAIO
2025


CIDADE DA
CULTURA.
SANTIAGO DE
COMPOSTELA


FESTIVAL
DE TEATRO,
DANZA E ARTE
EN ACCIÓN

Escenas do cambio logo 2025

8-11 MAIO
2025


CIDADE DA
CULTURA.
SANTIAGO DE
COMPOSTELA


FESTIVAL
DE TEATRO,
DANZA E ARTE
EN ACCIÓN

Escenas do cambio logo 2025

Worn Out

Chumpan Yamoo

Xoves 8 de maio 21.15h
Santiago de Compostela, Salón Teatro

A miña capacidade de percibir as cousas en movemento esgótase antes de decatarme.
Non son quen de comunicarme con elas, o que provoca disfuncións e malentendidos.
A medida que a miña percepción do movemento se desgasta,
vou creando unha relación coas cousas inmóbiles.
Comezo a parecerme a elas.

«O proceso de asemellarse a través do desgaste».
Acollo este desgaste.

Conversa posterior ao espectáculo

Ao remate da representación, iniciaremos no propio Salón Teatro unha conversa co público moderada polo Comando Dramatúrxico ao redor da proposta que nos ofrece Baesub Keum. Non é todos os días que temos a oportunidade de establecer un diálogo directo cun artista que vén dun ecosistema cultural tan afastado como o de Corea do Sur.

Trátase de conectar e de dar liberdade aos latexos do público ao redor da obra, de escoitar, falar e compartir para intentar saber, por exemplo, por que “a capacidade de percibir as cousas en movemento se esgota antes de que nos decatemos”, e como traballa o “concepto creativo de separación” a compañía Chumpan Yamoo nas súas creacións.

Chumpan Yamoo

Fundada en 2009 en Corea, desde entón, a relación entre os seres humanos é o seu foco de acción. A estrea de As for Me en 2019 marcou un punto de inflexión para o grupo, que a partir dese momento desenvolveu a súa propia metodoloxía do «concepto creativo de separación», que busca desmantelar as obras mediante a separación e perseguir a creación de pezas con espazos en branco. Considera que así o público terá máis liberdade para imaxinar e interpretar, precisamente no momento en que xorde o espazo baleiro.

Entre as súas obras destacadas de danza en solitario atópanse Lunatic seesaw, Island, Are you really Human, Hug, Question mark e Worn Out. Destacan tamén as súas producións para danza en grupo In Between, Work, Because of The Liver, As for Me, About Being Seen e Zebra Crossing.

Chumpan Yamoo recibiu, entre outros galardóns, o premio á excelencia no festival internacional de danza de Busan AK21 (2016), o premio Dong-A de Teatro (nos anos 2020 e 2015), o Dance Vision Award outorgado por The Contemporary Dance Promotion of Korea (2021) e o Dance Arts Award da revista de danza Momm no mesmo ano. O seu traballo foi recoñecido tamén en dúas ocasión nos premios que concede a Asociación coreana de Críticos de Danza.

Xoves 8 de maio 21.15h
Santiago de Compostela, Salón Teatro

Ficha técnica

Corea do Sur | 9 €

Coreógrafo/Bailarín: Baesub Keum
Dramaturxia: Poongnyun Kim
Música: Ohmbre
Luces: Yooseok Kim

Estrea en España

Escenas do Cambio 2025
Resumen de privacidade

Esta web emprega cookies para poder ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións coma recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.