Aberta a convocatoria para os Laboratorios de Escenas do Cambio 2017

12/12/2016


En Escenas do Cambio 2017 continuamos o noso programa de formación convidando a Loreto Martínez e Alejandra Pombo, a Usue Arrieta e Vicente Vázquez, a Idoia Zabaleta e a Federico León, a impartir diferentes Laboratorios sobre as artes escénicas e as súas fronteiras.

Os laboratorios terán lugar na Cidade da Cultura de Galicia entre o 31 de xaneiro e o 10 de febreiro. Os interesados en participar nalgún dos catro talleres desta edición deberán enviar unha solicitude ao mail escenasdocambio@cidadedacultura.org indicando:

  • Datos persoais.
  • Laboratorio no que quere participar.
  • Pequena carta de motivación (non máis dun folio).
  • Breve Currículum Vitae (non máis dun folio).

Podedes descargar a convocatoria en PDF > Laboratorios