Cidade da cultura

GAIÁS - CIDADE DA CULTURA DE GALICIA
SANTIAGO DE COMPOSTELA


A Cidade da Cultura preséntase coma un punto de conexión de Galicia co resto do mundo e un motor para impulsar proxectos culturais innovadores. Construída no cumio do Gaiás, en Santiago de Compostela, o arquitecto norteamericano Peter Eisenman deseñou esta “cidade” que parece xurdir da terra para erixirse como unha icona da Galicia contemporánea, dialogando coa Compostela milenaria, Patrimonio da Humanidade e destino do Camiño de Santiago.

Escenas do cambio celebrarase no Museo Centro Gaiás, un dos catro edificios que conformar a Cidade da Cultura. A súa beleza e flexibilidade fan do Museo Centro Gaiás o espazo idóneo para acoller exposicións de grandes dimensións, eventos culturais internacionais e espectáculos de artes escénicas.

A espectacularidade da súa fachada, os case 43 metros de altura e os seus máis de 16.000 metros cadrados de superficie permítenlle ao Museo Centro Gaiás despregar unha oferta de actividades dedicadas ás artes que o converten nun centro activo e en continua transformación.

+ info: www.cidadedacultura.gal