Magdalena Arau

Charla – | –

4 Febreiro | 16:30 – Sala Seminario. Museo Centro Gaiás


Charla
Magdalena Arau

Cal é o espazo do teatro, cal é o seu fóra. Dialogar cunha tradición, coas súas contradiccións: como esas forzas empúxanno a unha zona de fronteira. Pensar o teatro como un territorio onde toda enunciación se esvae, reducilo ao seu xesto mínimo. Obras como invocacións, que reconectan un espazo coñecido con relatos chegados doutra parte. Construír unha trama que lle engada espesura ao presente. Henry Moore, ao falar da escultura, reducía a ecuación a un enunciado tan claro como contundente: esta pedía desenvolver unha sensibilidade cara á tridimensionalidade das formas. Quizáis o que o teatro ofreza sexa unha percepción tridimensional dos acontecementos. Propostas que tamén se esvaen, definicións que se asumen transitorias, afirmacións cuxa natureza é inestable, que na súa aseveración anuncian e desaparecen. Magdalena Arau.