Jorge Louraço
Jorge Louraço

Que crítica necesitamos?

Charla – Jorge Louraço | –

2 Febreiro | 16:30 – Sala Seminario. Museo Centro Gaiás


Jorge Louraço
Charla
Jorge Louraço

“Que crítica necesitamos?” Esta pregunta pode ser feita polos artistas profesionais, e tamén polos programadores, xornalistas, espectadores e artistas amadores. Non obstante, só pode ser respondida con propiedade por quen viste a pel do crítico/a e sente na pel as consecuencias do que escribiu. Un exercicio da crítica subordinado ao que os outros necesitan nunca será necesario nin necesaria. É necesaria, si, unha crítica que sexa teatral no sentido estrito: un acto visible de transformación.

Jorge Louraço (Nazaré-Portugal, 1973) escribiu O Espantalho Teso e Xmas qd Kiseres, entre outras pezas. Formado en Relacións Internacionais e en Antropoloxía Social, fixo a Oficina de Escrita Teatral de A. Mercado no Dramat; o Seminário Traverse Theatre nos Artistas Unidos; a residencia internacional do Royal Court Theatre; e o Seminário de Escrita Teatral de J. S. Sinisterra no TN Dona Maria II. É docente da ESAP, da ESMAE e de Balleteatro, foi docente da ACE, e é crítico teatral do xornal Público. Escribiu tamén Verás que tudo é verdade, sobre Folias, grupo de teatro de São Paulo, Brasil.