Crazy but true.
Crazy but true.

Crazy But True (Un prototipo)

Ant Hampton | Reino Unido/Bélxica – 180 minutos

4 Febreiro | 17:30 – Sala 2. Museo Centro Gaiás


Crazy but true.
Crazy but true. Ant Hampton. Foto: Britt Hatzius

CRAZY BUT TRUE é unha instalación interactiva para nenos de idades comprendidas entre 7 e 11 anos: un panel de expertos dirixíndose á audiencia. Os nenos como eses “expertos”, reciben as súas frases a través de auriculares, repetindo o que escoitan polos micrófonos, sen ensaios previos. O que resulta é unha lista de feitos extraordinarios disfrazados de conversa – algúns serios, outros realmente graciosos. Tes o dobre de probabilidade de morrer esmagado por unha máquina expendedora ca por un tiburón. De media, os tiburóns matan a 12 humanos por ano. De media, os humanos matan 100 millóns de tiburóns por ano. Sabemos cal é o problema e somos perfectamente capaces de arranxalo. Algunhas veces parece que o mundo se volve máis estraño cada ano. CRAZY BUT TRUE expón a nosa responsabilidade en todo isto, a nosa, a dos humanos que viñeron antes ca nós e a dos que agora se sentan ante nós, nas butacas, mirando e escoitando Desde fóra, a realidade da situación vólvese transparente: nenos dicindo, polo mero feito da diversión e a fantasía, calquera cousa que lles manden dicir. A información que se canaliza a través dos seus oídos, dos seus cerebros, e sae polas súas bocas. Se, a pesar do divertimento, isto parece problemático, a provocación é coherente co propósito máis amplo da obra: enfrontar un desafío inevitable. Para moitos adultos é duro imaxinar un neno crecendo e absorbendo este tipo de información. Traer un neno ao mundo é quizais a parte sinxela. O máis difícil é traer o mundo ao neno. Crazy But True existe como prototipo para o 2016, con aparicións en Santiago de Chile (Espacios Revelados), Santiago de Compostela (Escenas do Cambio) e Atenas (Bienal de Actuación “No Future”). Desenvolverase aínda máis en 2017.

Ant Hampton

Ant Hampton (1975) fundou Rotozaza en 1998, un proxecto que explora o uso das instrucións que se dan a “artistas invitados” sen ningún ensaio previo, directamente sobre o escenario e en formatos más íntimos, no que os intérpretes son os mesmos espectadores (Autoteatro).

Ficha artística

Escrito e dirixido por: Ant Hampton | Produtor creativo: Katja Timmerberg.

Estrea

Abril, 2016. Espacios Revelados, Santiago de Chile.