Entre lo que ya no está y lo que todavía no está
Entre lo que ya no está y lo que todavía no está

Entre lo que ya no está y lo que todavía no está

Juan Domínguez | Alemaña – 60 minutos

2 Febreiro | 18:30 – Sala 2. Museo Centro Gaiás


Entre lo que ya no está y lo que todavía no está
Entre lo que ya no está y lo que todavía no está. Juan Domínguez

Juan Domínguez quere suspender eventos e crear un intervalo de tempo no que integrar o seu pasado no seu futuro. Esta obra é unha formulación das súas visións e o seu desexo de atoparse co descoñecido a través da linguaxe. Domínguez non traballaba só desde hai 14 anos. Naquel entón, a coreografía do seu traballo propoñíase cun texto en cartóns que o público lía. Agora, vai falar de si mesmo xerando un autorretrato no que cita a algúns dos seus amigos e a si mesmo. Juan Domínguez, un dos coreógrafos de referencia en España, presenta o seu novo solo, sempre misterioso, entre xéneros, buscando novas formas de facer que non nos condenen a ser soamente unha parte do espectáculo.

Juan Domínguez

Juan Domínguez é intérprete, coreógrafo, director escénico e programador. Reside e traballa entre as cidades de Madrid, Berlín e Bruxelas. O seu traballo explora a relación entre diferentes códigos e avoga pola disolución entre a ficción e a realidade, utilizando a unha para producir a outra e viceversa. Actualmente está traballando na construción de contextos que xeran relacións máis fortes e duradeiras a través da continuidade. Tamén está traballando na idea de coautoría entre todos os axentes que interveñen nunha experiencia performática en vivo. Algunhas das súas son: Todos los buenos espías tienen mi edad (2002). Shichimi Togarashi en colaboración con Amalia Fernández (2006), blue (2009), Ya llegan los personajes en colaboración con Los Torreznos (2011), El Triunfo de la Libertad (2014, presentada en Escenas do Cambio 2015) en colaboración con La Ribot e Juan Loriente, Clean Room temporadas piloto, 1, 2, e 3. (2010-2016).

Ficha artística

Concepto e interpretación: Juan Domínguez | Unha produción de: Juan Domínguez | Co apoio de: Tanznacht Berlin e Tanzfabrik Berlin/apap-advancing performing arts Project  – Performing Europe 2020 /EU – Creative Europe Programme | Producción: manyone | Foto: Cuqui Jerez.

Estrea

Xullo 2016, Antic Teatre al Grec, Barcelona.