Entrenamiento para la libertad
Entrenamiento para la libertad

Entrenamiento para la libertad

Carol Fernández | Galicia – 45 minutos

9 Febreiro | 18:30 – Sala 3. Museo Centro Gaiás


Entrenamiento para la libertad
Entrenamiento para la libertad. Carol Fernández. Foto: Paco López.

O proxecto é de carácter biográfico e ten como eixe vertebral a liberación do loro que leva vivindo na familia da autora desde hai máis de 30 anos. Este loro estivo sempre vivindo desde a súa gaiola encerrado e converténdose en testemuña da memoria familiar. A través da liberación do loro, Carolina Fernández pretende facer unha radiografía da historia familiar e un acto de liberación persoal das dinámicas familiares que nos impiden desenvolvernos. Formúlase o lugar da familia como un posible lugar de peche en crise na que se inscriben estruturas de poder que non nos permiten emprender totalmente os nosos voos persoais. Fíos enerxéticos ou memorias do pasado que nos condicionan desde o inconsciente. Podemos dicir que sería un traballo de revisión xenealóxico para activar procesos de deconstrución, provocación e renovación. Entrenamiento para la libertad comezou en Escenas do cambio 2016, e está apoiado por Azala. Desde unha visión posdramática, e coa presenza real do animal, a peza creará un diálogo entre a súa persoa, a estrutura familiar e a figura do loro e contará, desde un ángulo pouco habitual, a historia dunha familia, e a busca incansable da liberdade.

Carolina Fernández

Carolina Fernández (1978). Artista transdisciplinar. O seu traballo é unha exposición en vivo onde audiovisual, poesía, teatro, movemento, instalación e performance combínanse en busca dunha linguaxe persoal. Iniciou os seus estudos en artes escénicas hai 13 anos recibindo obradoiros de formación e cursos de creación con diferentes profesionais como Beatriz Fuentes (Danza contempóranea) Andrés Corchero (creación), Constanza Brincs (Procesos, trazos e corpos), Hisako Horikawa, Regina Goerger, Yomiko Yoshioka (Butoh), Carmen Werner (investigación coreográfica), Jordi Cortés, Guillermo Weickert (danza, teatro), Ana Vallés (Creación), Marina Lee Tamayo (Flamenco), John Strassberg (Interpretación). Estuda durante un ano no Centro Nacional de Danza Contemporánea/ CNDC en Angers e na escola de Teatro contempóraneo Espazo Aberto en Santiago de Compostela.

Estrea

Estrea absoluta en Escenas do Cambio 2017.