Envoltura
Envoltura

Envoltura

Isabel de Naverán, Idoia Zabaleta, Patricia Caballero, Iñaki Azpillaga, Pedro G. Romero, Bobote e Camila Téllez | Euskadi – 120 minutos

5 Febreiro | 18:30 – Sala 2. Museo Centro Gaiás


Envoltura
Envoltura. Isabel de Naverán, Idoia Zabaleta, Patricia Caballero, Iñaki Azpillaga, Pedro G. Romero, Bobote y Camila Téllez

Envoltura é un percorrido por varias escenas inspiradas na idea de síncope como movemento corporal e histórico encarnado na figura da bailarina de vanguarda Antonia Mercé, La Argentina (1890-1936). O 18 de xullo de 1936 La Argentina acudía en Donostia-San Sebastián a unha exhibición de danzas vascas organizada na súa honra polo Padre Donostia (José Gonzalo Zulaika), falecendo repentinamente catro horas despois, ao enterarse do alzamento das tropas franquistas e o inminente inicio da Guerra Civil. A morte de La Argentina resulta significativa por canto fora a primeira artista condecorada polo Goberno Provisional da Segunda República Española. Dita condecoración convertíaa dalgún xeito na súa representante cultural, nunha alegoría personificada. ‘Envoltura’ trata de entender a convulsión física da artista en correlato ao sentimento colectivo, como un reflexo dun quebró na liña da historia. Este quebro repítese en distintos momentos e de distintas formas, a través de artistas como o bailarín xaponés Kazuo Ohno, quen recuperara a figura de La Argentina na súa primeira danza Butô, creada en resposta ás bombas de Hiroshima e Nagasaki. Esta peza créase especificamente para o contexto da exposición “1930. En el pacto de San Sebastián. Historia y síncope” comisariada por Isabel de Naverán, dentro do programa ‘Tratado de Paz’ de 2016.

Ficha artística

Creación e interpretación: Idoia Zabaleta, Iñaki Azpillaga, Camila Téllez, Patricia Caballero, Pedro G. Romero e Bobote | Idea: Isabel de Naverán | Composición musical e interpretación ao piano para a escena de Iñaki Azpillaga: Luis Carmona | Ritmos e chasquidos na escena de Idoia Zabaleta: Leonor Leal | Iluminación: David Alcorta | Fotografía: Camila Téllez | Realización de vídeo: Filmotive | Produción: Moaré Danza con financiación pública recibida no marco das Axudas á produción en danza, do Departamento de Educación, Política Lingüística e Cultura do Goberno Vasco (2016) | Axuda a residencias: Azala (Lasierra, Álava) e L’animal a l’esquena (Celrá, Girona), no contexto do programa de residencias ‘Tapete Común’, apoiado polo INAEM; Dantzagunea (Rentería), Última Vez (Bruxelas); Magatzen (Barcelona); Dantzerti (Bilbao) | Agradecementos: Tino Van der Sman, Paz Fernández da Fundación Juan March, Jon Bagües de Eresbil, Tozio Mizogata de Kazuo Ohno Dance Studio, José Ángel Etxebarria do Archivo Histórico Provincial Capuchinos de Pamplona-Iruña, Museo de Bellas Artes de Álava.

Estrea

Decembro, 2016, Azkuna Zentroa (Bilbao).