
Un bandido que pasou á historia atravesa o deserto ao lombo do cabalo, en cada parada un asalto e uns versos, papeis con frases en rima que narran a súa experiencia e insultan a quen os lea. 1875, Black Bart é o seu alcume, o bandido cabaleiro. Outro home do oeste emprende unha viaxe imposible. Remata na Patagonia arxentina, rodeado por un horizonte infinito, esperando que alguén o atope. As travesías son agora un recordo, o movemento é pasado, silencio/silencio/silencio e un bosque que lle fala. Butch Cassidy, o bandido carniceiro. Un bandoleiro do presente foxe a toda velocidade no seu coche repleto de cartos. Na súa viaxe, como un delirio, as imaxes se suceden coa velocidade dun trono. Visións mudas, ruído de motor e pneumáticos sucando a terra. Historias onde os motivos son o camiño e a espera, e o poder teno o son. Cal é a voz dun bosque, como resoa unha canción no corpo, canto tarda un disparo en extinguirse, de quen é a voz que se escoita en soños.
Magdalena Arau
Magdalena Arau (La Plata, Arxentina, 1981). Comunicadora audiovisual pola FBA-UNLP, onde exerce como docente. Traballou en proxectos teatrais e cinematográficos como asistente de dirección, directora e actriz, presentándose en diversos festivais nacionais e internacionais. En BAFICI 2011 estreou Archivo Expandido, obra de cine expandido construída a partir de materiais visuais e sonoros afeccionados en formato orixinal (Kunstenfestivaldesarts, Mostra de Cinema Periférico, Südpol, entre outros). Para a edición de Espacios Revelados en Bos Aires creou o proxecto La invención del barco es la invención del naufragio. É membro fundador de ARCA (Archivo Regional de Cine Amateur).
FICHA ARTÍSTICA
Con: Cristina Sánchez Vilariño e Nuria Sotelo | Son: Guido Ronconi | Vídeo: Gastón Zalba | Actuación (vídeo): Roberto Di Yorio, Irene Grasso, María Cristina Ruggieri, Liliana Casella |
Colaboración en Dispositivos Sonoros: Carlos Posse | Técnica de luces e vídeo: Tedaga | Dramaturxia: Magdalena Arau e Guido Ronconi | Dirección: Magdalena Arau | Agradecementos: Ant Hampton, Fabián Rinaudo, Lua Rita, Juan Ángel, Javier Porta Fouz, Fran Gayo, Agustín Masaedo, David Obarrio, Violeta Bava, Paloma Dema, Juan Manuel Domínguez.
Estrea
Estrea absoluta no Festival Escenas do Cambio 2017.
ESTE PROXECTO CONTA CO APOIO DO FONDO ARGENTINO DE DESARROLLO CULTURAL Y CREATIVO – MINISTERIO DE CULTURA DE LA NACIÓN.