Horion
Horion

Horion

Malika Djardi | Francia – 70 minutos

31 Xaneiro | 19:00 – Sala 1. Museo Centro Gaiás


Horion
Horion. Malika Djardi. Foto: Laurent Philippe

Un “horion” en francés antigo é un golpe violento na cabeza ou os ombreiros. Esta peza trata de golpes: o dueto creado por Malika Djardi foi composto como un álbum musical con diferentes pezas. Neste álbum os instrumentos son substituídos por movementos, accións, expresións, disfraces ou obxectos: os bailaríns son como monicreques, oscilan entre homes primitivos e techno-sapiens xogando con referencias culturais para producir coreografías poéticas e rítmicas. Son golpes literais, pero son tamén descargas rítmicas, enerxéticas ou poéticas. Os dous bailaríns poden ser Adán e Eva, son ás veces acedos e ás veces cómicos. Esta mestura de humor e brutalidade, de amor e de odio, atravesa a coreografía e fai da peza unha exploración poética da relación. Evócanse, finalmente, os golpes que necesitamos dar ao redor de nós mesmos para construír e avanzar. Unida pola linguaxe, por actitude e por presenza a Marlene Monteiro, Cecilia Bengolea e François Chaignaud, ou Trajal Harrell, con quen ademais traballou, Malika Djardi é unha das revelacións da danza francesa dos últimos anos, unha forma de bailar e de vivir única, excepcional.

Malika Djardi

Despois dunha formación en artes plásticas, realizou estudos superiores en danza contemporánea na UQAM de Montreall, e posteriormente no Centro Nacional de Danza Contemporánea en Angers entre 2009 e 2011. Jean-Marc Adolphe convidouna á edición de 2010 de SKITE, no transcurso da que creou unha primeira peza de grupo_ Love Song_, reunindo a Perle Palombe, Yohann Alex, Charles Chemin, Trajal Harrell, Aude Lachaise e Maud Le Pladec. Co solo _Sa Prière_, creado en abril de 2014 no marco do festival Danseur en Bruxelas, pretende investigar sobre a cuestión da performance como obxecto de documentación. A súa segunda creación, o dúo _Horion_, presentouse en Les Rancontres Chorégraphiques Internationales de
Seine Saint-Denis en maio de 2016. Desde 2011, traballou como intérprete para Mélanie Perrier, Pierre Droulers, Joris Lacost e máis recentemente na peza _Bombyx Mori_ de Ola Maciejewska. Actualmente, é intérprete no proxecto _Des aveugles_ da directora de escena Clyde Chabot, así como para o coreógrafo Alexandre Roccoli e o proxecto _Longing_. Pierre convidouna a recuperar o solo Les Beaux Jours para unha creación prevista para o outono de 2017.

Ficha artística

Concepción e coreografía: Malika Djardi | Interpretación: Nestor Garcia Diaz e Malika Djardi | Banda sonora: Nicolas Taite (batería) e Thomas Turine | Técnico de son: Benoît Pelé | Enxeñeiro de son: Clément Vercelletto | Vestiario: Ateliers de couture du Théâtre de Liège / La Bourette / Marie-Colin Madan / Nodd | Escenografía: LFA Looking For Architecture | Asesoramento dramaturxia: Youness Anzane | Produción: Association Stand | Coprodución: Rencontres Chorégraphiques Internationales de Seine-Saint-Denis, Théâtre de Liège, Charleroi Danses, manège, scène nationale – reims,L’échangeur – CDC Hauts-de-France | Residencias e apoios: CND Centre National de la Danse (Pantin), CND Centre National de la Danse Rhône-Alpes (Lyon), Scène 7/ Le Croiseur (Lyon), La Raffinerie- Charleroi Danses, manège, scène nationale – reims, L’échangeur – CDC Hauts-de-France | Agradecementos: Jean-Baptiste Ginier Gillet, Pierre Droulers, Youness Khoukhou, Loup Gangloff, Julia Kat, Benoît Pelé

Estrea

Maio, 2016. Les Rancontres Chorégraphiques Internationales de Seine Saint-Denis. Estrea en España no Festival Escenas do Cambio 2017.