Mateluna
Mateluna

Mateluna

Guillermo Calderón | Chile – 100 minutos

11 Febreiro | 20:30 – 11 Febreiro | 20:30


Mateluna
Mateluna. Guillermo Calderón

“Hai tres anos, Jorge Mateluna colaborou na creación da obra Escuela. Ese mesmo ano, a policía detívoo a varias cuadras do asalto a un banco e acusouno con probas discutibles. Agora está preso, condenado a 16 anos de cárcere. Nós cremos que o xuízo que o condenou é inxusto, e a obra Mateluna tentará discutir a súa posible inocencia”. Guillermo Calderón é o autor desta obra que pon en escena a complexidade do caso do ex militante do Frente Patriótico Manuel Rodríguez e, a súa vez, unha obra sobre un grupo que trata de elaborar a culpa, a idea de xustiza e a forma na que a nosa sociedade olla cara aos ex guerrilleiros. Un exercicio escénico para entender Mateluna e desafiar unha cultura política que non sabe dignificar o legado dos que loitaron contra a ditadura. Mateluna  estrearase en outubro de 2016 en Berlín, no marco do festival A estética da resistencia– Peter Weiss 100 do teatro HAU Hebbel am Ufe. Mateluna pon en evidencia os perversos mecanismos do estado. Teatro político, urxente, imprescindible.

Guillermo Calderón

Dramaturgo e director. En Chile escribiu e dirixiu Neva, Diciembre, Clase, Villa, Discurso e Escuela. Foi convocado para montar unha versión de Neva no Public Theater de Nova York e no Center Stage de Os Ánxeles, e para estrear Beben e Kuss en Düsseldorf. As súas producións presentáronse en máis de 25 países. Escribiu conxuntamente as películas Violeta se fue a los cielos, de Andrés Wood, e El club, de Pablo Larraín, gañadora do Oso de Plata do Festival de Cine de Berlín, e escribiu o guión de Neruda, tamén de Larraín.

Ficha artística

Dramaturxia e dirección: Guillermo Calderón | Elenco: María Paz González, Camila González, Carlos Ugarte, Luis Cerda, Andrea Giadach, Francisca Lewin | Deseño integral: Loreto Martínez | Produción e asistencia de dirección: Ximena Sánchez | Coprodución: Fundación Teatro a Mil – Hau Hebbel Am Ufer Berlín.

Estrea

Outubro 2016, Fundación Teatro a Mil – Hau Hebbel Am Ufer Berlín. Estrea en España no Festival Escenas do Cambio 2017.