
A teoría dos seis graos de separación defende que calquera persoa no planeta está a seis ou menos unións de distancia de calquera outra persoa. Trinta historias, grandes ou pequenas, insólitas ou comúns, filosóficas, científicas ou anecdóticas que, a primeira vista, pouco ou nada teñen en común. BERLIN falou coas persoas que están detrás destas historias e, recollidas en forma de monólogos filmados, as reuniron nunha inmensa mesa redonda, que podería ser un barco á deriva, ou unha nave espacial. O público é convidado a un tête à tête con estes protagonistas. Fundada hai dez anos por Bart Baele e Yves Degryse, BERLIN construíu unha obra impresionante con instalacións e espectáculos nos que todos os medios técnicos son posibles, nunha zona de conflito permanente entre documental e ficción.
BERLIN
O punto de partida de cada un dos espectáculos de BERLIN é unha cidade ou rexión nalgún lugar do planeta. Traballan a partir do documental e o transdisciplinar. Centrándose nunha pregunta de investigación específica, involucran diferentes medios dependendo do contido do proxecto. Comezaron a serie Holoceno (era xeolóxica actual) coas actuacións Jerusalén, Iqaluit, Bonanza e Moscú. Uns anos máis tarde, BERLIN comezou un novo ciclo: Horror Vacui (o medo ao baleiro) do que Tagfish e Land’s End son os dous primeiros episodios. BERLIN está actualmente traballando en novas actuacións en ambos os dous ciclos.
Ficha artística
Concepto: BERLIN (Bart Baele e Yves Degryse) | Banda sonora e mesturas: Peter Van Laerhoven | Texto: Kirsten Roosendaal, Yves Degryse, Bart Baele | Cámara: Geert De Vleesschauwer | Escenografía: BERLIN, Manu Siebens | Dirección técnica: Robrecht Ghesquière | Produción e comunicación: Laura Fierens | Director xeral: Kurt Lannoye | Produción: BERLIN | Coprodución: Deutsches Schauspielhaus Hamburg [DE], Kunstenfestivaldesarts [Brussels, BE], le CENTQUATRE [Paris, FR], Dublin Theatre Festival [Dublin, IE], Centrale Fies [Dro, IT], Noorderzon Performing Arts Festival [Groningen, NL], La Bâtie – Festival de Genève [Genève, CH], Zomer van Antwerpen [BE] | Proxecto coproducido por NXTSTP, co apoio de European Union’s Culture Programme and ONDA – Office national de diffusion artistique. BERLIN é artista asociado de CENTQUATRE – Paris [FR] co apoio do Goberno flamenco | Traducción: Xiana Ledo e Eva García, da Facultade de Filoloxía e Traducción da Universidade de Vigo.
ESTREA
2014, CentQuatre-Paris, Francia.